ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

A Casa das Mulleres de Santiago terá asesoramento LGBTIQ+

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do contrato de servizo e asistencia técnica para a coordinación e funcionamento da Casa das Mulleres Xohana Torres e do servizo de asesoramento LGBTIQ+ á empresa DELOGA (Desenvolvemento Local Galego), por un importe de 142.230 euros e para unha duración de dous anos.

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de abril de 2025 a las 01:03

Compartir

«Culminamos así o proceso de licitación co que apostamos por converter a Casa Xohana Torres nun espazo de referencia, con programación e atención regular, que incorpore entre os seus servizos o asesoramento LGBTI, un compromiso político que adquiriu este Goberno recollendo así unha das demandas do movemento asociativo LGBTI do noso concello», explicou a rexedora, que reiterou a súa aposta por converter este espazo nun «equipamento esencial da área de igualdade do concello».

Horario continuado

Con este novo contrato, o horario de atención da Casa Xohana Torres será de 9 a 19 horas de luns a venres, combinando horas de atención presencial na casa, que ata o de agora se limitaban a dous días ao mes, con atención en remoto a través do correo electrónico e o teléfono. Tamén se incorporará unha programación de actividades propias da casa máis estable, que se irá actualizando en función das necesidades detectadas a través do traballo comunitario. «O obxectivo é ofrecer unha programación ambiciosa que cubra actividades relacionadas coa prevención e actuación fronte ás violencias machistas, educación e saúde sexual, interseccionalidade e antirracismo ou saúde mental e auto-coidados», detallou Goretti Sanmartín.

Servizo de Asesoramento LGBTI

Unha das grandes novidades será a incorporación dun Servizo de Asesoramento LGBTI e unha oferta de actividade específica que cubra tamén as realidades das persoas LGBTI, identidade de xénero e diversidade sexual. «Tamén contemplamos a figura deses dous perfís profesionais para ofrecer atención psicolóxica e xurídica que nos permita non só atender a persoas e colectivos que se dirixen á casa na busca dunha atención ou asesoramento máis xenérico, senón poder ofrecerlles tamén unha atención integral que contemple os dous aspectos psicolóxico e xurídico».

Perfís especializados en igualdade

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Casa Xohana Torres estará xestionada por un equipo multidisciplinar formado por 6 perfís profesionais: unha persoa responsable da coordinación xeral da casa, unha persoa especialista en políticas de xénero, unha persoa de comunicación e unha educadora social. Para a atención específica do Servizo de Asesoramento LGBTI, contaremos con servizo de asesoría xurídica e psicoloxía. Todos os perfís profesionais que se incorporen á casa deberán ter formación específica en igualdade. Con este equipo multidisciplinar actuarase sobre tres eixes: na coordinación e dinamización da actividade propia da Casa; na atención e asesoramento a persoas e colectivos; e no aspecto da intervención comunitaria.

Etiquetas

casa das mulleresLGBTIQ+
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa xa conta coa ‘Casa das Mulleres’
Actualidad

Arzúa xa conta coa ‘Casa das Mulleres’