A avalancha de xente durante a fin de semana obriga a ampliar o horario do Belén Artesanal de Valga
A capacidade do Belén Artesanal en Movemento para atraer visitantes a Valga non deixa de sorprender. Se durante a ponte da Constitución foron máis de 10.000 as persoas que se achegaron a Campaña atraídas pola sona do nacemento, a pasada fin de semana non foi menos e, de feito, foi necesario ampliar o horario de apertura para que ninguén quedara sen ver a montaxe.



