A afección do Obra volve responder: Sold out en Sar e chamamento ao recibimento do equipo
O club pon en marcha, unha vez máis nesta tempada, a campaña de liberación de asentos co obxectivo de garantir un ambiente cheo e entregado nas gradas nun momento decisivo da competición. A tres xornadas para o final da liga regular, o equipo xógase boa parte das súas opcións e precisa, máis ca nunca, do impulso da súa afección.




