ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeputación da CoruñaDestacadoEconomía

900.000 euros do Plan Único da Deputación repercutirán no rural de Compostela

09/01/2024 O Concello de Santiago acolleu a presentación do Plan Único, a ferramenta da Deputación da Coruña para o financiamento de obras e servizos públicos dos concellos da provincia. A concelleira do Rural, Pilar Lueiro, e a deputada de Plans provinciais, Cristina García, deron a coñecer o investimento deste inicio de 2024 para Santiago que recibirá máis de 900.000 euros, dos que case a metade estarán destinados ao mantemento e reparación de pavimentos e labores de roza e limpeza nos viarios municipais do rural compostelán.

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de enero de 2024 a las 12:13

Compartir

Pilar Lueiro, detallou que da achega total con cargo ao POS+ 2024, destinaranse 436.815 euros a gastos correntes «para a execución de operacións de conservación, mantemento e reparacón de pavimentos e drenaxes nos viarios e espazos públicos municipais do medio rural e tamén para a execución de operacións de desbroza, limpeza e matemento de marxes e drenaxes de viarios, carreiros fluviais e parcelas municipais».

A maiores, destinarase unha partida de 338.754 euros para investimentos coa que se levará a cabo a mellora de equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras, «un proxecto que leva parado desde 2019 e que ten moita necesidade da arranxo», salientou a concelleira. Outros 124.000 euros da achega irán dirixidos a cubrir o gasto social.

Na reunión previa á rolda de prensa estiveron, ademais de Pilar Lueiro e Cristina García, os concelleiros de Obras, Xesús Domínguez; e de Facenda, Manuel César; ademais do deputado de Patrimonio, Xosé Penas.

Plan complementario

A maiores, na reunión comprometeron 640.512 euros para dúas actuacións incluídas no Plan Complementario. Por unha parte, inclúese a ‘ampliación paso superior da Ruta da Prata sobre FF.CC. na Cañoteira-Outeiro de Marrozos’, para a mellora do paso superior do ferrocarril existente no viario municipal entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos. Esta mellora permitirá o acceso á parroquia de Marrozos dos vehículos do transporte público urbano e escolar, servizos de emerxencias e distribución de mercadorías. Tamén se incluirá a fase II do proxecto de ‘rexeneración do pavimento de calzada da Rúa do San Martiño (Aríns)’, unha actuación que consiste na renovación dun viario municipal para a recuperación dun eixe vertebrador norte-sur que conecta parroquias ao este do termo municipal.

Segundo explicou a concelleira Pilar Lueiro, con estas intervencións froito da colaboración entre o Concello de Santiago e a Deputación provincial, poranse en marcha medidas contidas no Plan do Pacto polo Rural.

Plan POS+ 2024

No conxunto da área de Santiago, superaranse os 16 millóns de euros na fase inicial deste plan. Este investimento repartirase entre os concellos que conforman as comarcas de Santiago, Ordes, Terra de Melide, Arzúa, Xallas, A Barcala e O Sar, e súmase aos máis de 159 millóns que todas as comarcas recibiron nos últimos anos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Plan Único, que destinará 50,5 millóns de euros para toda a provincia, permítelle aos concellos coruñeses distribuír os recursos públicos con maior autonomía, en función da súa situación e particularidades. «Esta ferramenta está pensada para que a xestión dos investimentos sexa máis eficiente e, sobre todo, para mellorar o benestar e calidade de vida das veciñas e veciños», sinalou a deputada Cristina García que destacou que se trata dun «plan dinámico» que se atopa na súa «fase inicial2, polo «que se irán facendo máis achegas ao longo do ano».

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.