36 positivos en 1.543 probas de alcoholemia e drogas realizadas en Santiago a semana pasada
21/12/2023 No marco da última campaña de control de alcoholemia e drogas da DXT, realizada do 11 ao 17 de decembro, a Policía Local de Santiago realizou un total de 1.501 probas de alcoholemia e 42 de drogas, cun balance de 20 e 16 positivos, respectivamente.



