Este ano, a festa de clausura das escolas deportivas volveu a celebrarse na área deportiva do Milladoiro. No pavillón deportivo houbo actividades en dúas zonas diferentes: na pista e no anexo do pavillón. Por outra banda, houbo tamén unha exhibición na pista do IES do Milladoiro.
As actividades comezaron ás 16:30 horas, na pista do pavillón, coa exhibición de baile moderno, que rematou arredor das 16:50. A esa mesma hora arrincaron os rapaces e rapazas de judo, e a súa mostra finalizou arredor das 17:10 horas. A mostra de ximnasia rítmica desenvolveuse entre as 17:10 e as 17:30 horas.
Posteriormente, de 17.30 a 17.45 e de 17.45 a 18.00 houbo unha mostra por parte do alumnado de fútbol sala feminino e fútbol sala mixto do Milladoiro. De 18.00 a 18.15 realizouse outra exhibición de fútbol sala, neste caso por parte do grupo mixto de Bertamiráns. As actividades na pista do pavillón remataron cunha mostra de baloncesto de 18.15 a 19.30 horas.
Paralelamente, de 17.30 a 18.15 horas, no anexo do pavillón do Milladoiro realizáronse diferentes partidas de xadrez. Para rematar, houbo diferentes partidos de tenis, de 17:30 a 18:15 horas, na pista do IES do Milladoiro.
1.801 inscritos nas escolas deportivas