ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Eligio R. Montero, gañador dun Goya, guioniza o novo proxecto de CTV

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- A produtora compostelá CTV finaliza a gravación do teaser de “Guerreras, el conflicto de Telanosa”, unha serie que conta coas axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia.

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de julio de 2024 a las 14:21

Imaxe: Eligio R. Montero

Compartir

“Guerreras, el conflicto de Telanosa” é un drama social, inspirado en feitos reais e ambientado, principalmente, en Galicia e en Portugal nos anos 80. A serie recrea o caso Telanosa, un movemento de loita laboral, que comezou cun polémico préstamo e terminou con multitudinarias manifestacións. O proxecto foi creado por Ghaleb Jaber Martínez (Santiago de Compostela, 1981), produtor executivo de CTV, e Alba Araújo (Ourense, 1985), guionizado por Eligio R. Montero (A Coruña, 1970), galardoado cun Goya, e por Raquel Arias (Vigo, 1989), guionista de Motel Valkirias, O sabor das margaridas e Ghuasapp.

Cun formato de 4×60’, a historia pon o foco nunha loita laboral a través da historia de tres personaxes ficticios. Jaber Martínez destaca que “a serie relata a loita incansable dunhas mulleres polo seu futuro e polo das xeracións vindeiras. Os feitos reais que ocorreron durante este período histórico, como as Eleccións Xerais do 86 ou o Mundial do 82, serven para situar ao espectador nun espazo temporal cheo de contrastes”. O teaser, gravado nos platós da produtora, servirá como carta de presentación deste novo proxecto de ficción de CTV.

Sinopse

Redondela, 1980. Seis da mañá. Un grupo de traballadoras, lideradas pola carismática Xela, entran pola forza nas oficinas da empresa téxtil Telanosa e reteñen aos xefes de persoal durante 24 horas. Días máis tarde, repiten a mesma operación cos directivos. As traballadoras están a piques de perdelo todo por culpa dun crédito que pediron a favor da empresa e necesitan unha solución urxente.

Dous anos máis tarde, Xela e as súas compañeiras, Manuela, unha costureira, e Patricia, unha encargada, defenden a súa inocencia ante os tribunais e relatan o drama persoal que sufriron tras ser despedidas e enganadas por directivos e sindicatos. O xuízo enfronta ás traballadoras aos seus antigos xefes que as acusan de detención ilegal. Unha batalla xudicial que podería acabar coas mulleres entre reixas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Aínda que Xela, Manuela e Patricia logran a vitoria nos tribunais, a ameaza de perdelo todo por mor do crédito pende sobre elas. As mulleres deféndense nas rúas, convocando multitudinarias manifestacións que acaban en batallas campais. Finalmente, o goberno de Felipe González condona a débeda, pero xa nada importa porque estas mulleres perderon o seu traballo e os mellores anos da súa vida loitando para que se fixese xustiza.

Etiquetas

audiovisualctvgaliciagionproxectosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia
Actualidad

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia