Detectados 11 novos focos de enfermidade hemorráxica nas catro provincias galegas
A Xunta vén de declarar 11 novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) en Galicia, noutras tantas comarcas veterinarias de Galicia. En concreto, son cinco novos focos de EHE na provincia da Coruña, nos concellos de Aranga (comarca veterinaria de Teixeiro), Arzúa (comarca veterinaria de Arzúa), Cerdido (comarca veterinaria de Ortegal), Santiago (comarca veterinaria de Santiago) e Santiso (comarca veterinaria de Terra de Melide). Tres novos focos na provincia de Lugo, nos concellos de Ourol (comarca veterinaria da Mariña Occidental), en Baralla (comarca veterinaria dos Ancares) e Antas de Ulla, (comarca veterinaria da Ulloa); dous novos focos na provincia de Ourense, nos concellos de Melón (comarca veterinaria de Ribadavia) e en Vilar de Barrio (comarca veterinaria da Limia); e un en Pontevedra, no concello da Estrada (comarca veterinaria de Tabeirós Terra de Montes).



