Denuncian un novo acto vandálico na Praza do Obradoiro
A Praza do Obradoiro «luce» unha pintada no chan que volve axitar as redes. A imaxe, compartida por @compostelaresiste en Instagram publicada onte. A inscrición di: «Aquí terminamos el Camino de Santiago y empezamos el nuestro», escrita por tres peregrinos que asinan cos nomes de Carmen, Fran e Camila.



