ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoSalud

Continúa o colapso das urxencias do CHUS e o «maltrato asistencial» aos pacientes

 

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de marzo de 2024 a las 14:13

Arquivo

Compartir

 

 

Sen ningunha causa estacional que o xustifique as urxencias do CHUS estiveron colapsadas  os días 14 e 15 de marzo, con decenas de pacientes que acuden a elas en demanda de atención aparcados nos corredores con colas que saían pola porta de entrada do servizo. A situación volveuse a repetir o día 18 de marzo (luns). Ás 15:00 horas nada mais e nada menos que 53 pacientes co ingreso asinado agardaban por unha cama en planta ocupando as zonas de traballo. Como consecuencia disto 23 pacientes graves estaban colocados no corredor central e colindantes en padiolas e cadeiras de rodas agardado horas a ser atendidos.

Unha mostra do calvario que padecemos os pacientes nestas condicións é o testemuño de M.E. neta e acompañante dunha paciente de 90 anos en estado grave que o día 18 de marzo ás 17:30 horas foi colocada no corredor de acceso do servizo e ás 21:38 horas aínda permanecía nel sen ser atendida. Manifesta a súa desolación e indignación afirmando, transcribimos literalmente, “Paréceme intolerable o limite ao que estamos chegando no mais importante dunha sociedade A Sanidade.O igual ca miña avoa centos de pacientes”.

Non podemos mais que repetir que fronte aos discursos e relatos oficiais que afirman que a situación de colapso das urxencias é de orixe estacional, a realidade baseada nos feitos indican que a causa radica na ineficiente xestión das camas dispoñibles e na contumaz persistencia en converter os servizos de urxencias nun aparcamento de pacientes a pesar de que con iso estanse vulnerando os principios reitores de uso racional dos recursos do sistema,  de calidade mellora continuada dos servizos, e de atención personalizada e humanizada recollidos no artigo 32 da Lei de Saúde de Galicia. Mentres a xerencia e o SERGAS se neguen a poñer as camas a disposición, cando así o establecen os facultativos do servizo, os pacientes seguiremos sendo vítimas da vulneración do noso dereito fundamental a intimidade e a dignidade recollido no artigo 4 da citada Lei, e os profesionais sanitarios, traballando nun contexto diario de presión, veranse incapacitados para poder darnos unha atención de calidade.

Segundo os datos publicados na páxina web do hospital en “Pulso do CHUS”, nas últimas 24 horas foron atendidas 551 persoas, e o nivel de ocupación das camas foi do 62 por 100 (933) sobre un total de 1511 dispoñibles. Existe un excedente de 578 camas que na práctica permaneceron pechadas mentres non se doten de persoal sanitaria para ser ocupadas. A isto hai que engadir as plantas do Hospital Gil Casares con obras paralizadas durante meses que manteñen pechadas mais de 70 camas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O sistema de atención primaria desta área sanitaria segue arroxando centros de saúde que acumulan demoras nas consultas presencias por unha doenza nova ou por atención a pacientes crónicos. O pasado día 6 de marzo se detectaron as seguintes demoras nos seguintes centros de saúde: Concepción Arenal (Compostela) : 9 días, Centro de Saúde de Padrón: 12 días, Centro de Saúde de Rianxo: 14 días, Centro de Saúde de Fontiñas (Compostela): 7 días. Como consecuencia deste deterioro na atención os servizos de urxencias seguen sendo o destino de moitas persoas con doenzas tempodependentes que non teñen resposta nos tempos requiridos por parte do sistema de atención primaria, que segue ofrecendo citas con demoras inaceptables para moitos pacientes crónicos.

Etiquetas

chuscomposteladenunciaradio lider santiagosanidadesantiagourxencias
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol