ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

Compostela promoverá as actividades do 8M nos meses de marzo, abril e maio

 

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de marzo de 2024 a las 12:36

Compartir

 

 

04/03/2024.- A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada polas coordinadoras da campaña de 7H Sociedade Cooperativa Galega, presentou esta mañá a iniciativa «Construamos o termo feminista de Compostela» que se materializará nunha serie de encontros participativos que se desenvolverán ao longo dos meses de marzo, abril e maio. O Concello de Santiago tamén fará un recoñecemento a varias mulleres que son referentes da cidade tanto pola súa traxectoria profesional como vital, no acto «Mulleres de Compostela 2024» que terá lugar na Sala Mozart do Auditorio de Galicia este xoves 7 de marzo ás 19:30 h. O propio día do 8 de marzo, o Pazo de Raxoi acollerá a lectura do manifesto e a entrega do Premio Xohana Torres 2023.

A alcaldesa salientou que con esta nova campaña «Construamos o termo feminista de Compostela», o Concello de Santiago pretende ir «alén do propio día 8 de marzo» e amosar «o compromiso continuo coa loita contra a discriminación das mulleres» de xeito «colectivo e cooperativo» xunto co movemento asociativo compostelán. Con este obxectivo, o Goberno municipal pon en marcha un «proceso participativo» no que se debaterán unha serie de cuestións e temas concretos para así recoller toda «a enerxía, a forza, o traballo e as ideas» do movemento feminista para o seu desenvolvemento posterior e «redefinir as políticas feministas e de igualdade que se fagan desde a propia institución municipal».

Segundo a rexedora, esta iniciativa permitirá abrir «espazos de encontro e de diálogo» ao redor da construción do ‘termo feminista de Compostela’, un concepto que está vinculado tanto ao ‘termo’ municipal do Concello, como ao de ‘remate’, co propósito de que a cidade se consolide como un «espazo feminista que sexa un ben colectivo, non só para as mulleres, se non tamén para a conxunto da sociedade».

«Construamos o termo feminista de Compostela»

‘Termo Feminista’ é unha proposta de creación artística comunitaria desenvolvida polo Concello a través de 7H Sociedade Cooperativa Galega, coa que se busca aproveitar a forza do 8M para reactivar, empoderar, poñer en valor e visualizar as iniciativas cidadás que, tanto de xeito individual, como colectivo, axudan a construír unha Compostela máis xusta e igualitaria para todas as persoas.

Segundo explicaron as coordinadoras da campaña, a proposta articúlase como un «convite en positivo» dirixido tanto aos colectivos feministas como á cidadanía en xeral para participar nunha serie de encontros ao redor de distintos temas e ideas. A cita de arranque terá lugar o vindeiro 11 de marzo baixo o título «Cultivar o termo feminista de Compostela» que servirá a modo de presentación da iniciativa e das persoas participantes e sentará as bases do proceso que se desenvolverá noutros catro encontros, cada un deles centrado nun tema diferente. O do 22 de marzo será sobre a memoria e a historia; o do 5 de abril sobre a planificación urbanística e a ordenación do territorio; o 12 de abril sobre a natureza, o medio ambiente e o ecofeminismo, e no último encontro, que terá lugar o 19 de abril, tratarase o «termo feminista das Persoas», cun debate sobre os coidados.

O peche deste proceso terá lugar o 4 de maio cun acto de celebración da construción do termo feminista que incluirá unha mostra de creación artística colectiva.

Todas as persoas interesadas poderán inscribirse desde hoxe no seguinte formulario.

Mulleres de Compostela 2024

O programa de actividades do 8M arrancará este xoves co acto de recoñecemento «Mulleres de Compostela 2024» organizado polo Concello de Santiago, no que se porá en valor o traballo feito por 8 mulleres que «son de Compostela ou viven e desenvolven as súas tarefas profesionais na cidade» e que «tamén contribuíron á construción do termo feminista de Compostela», salientou Goretti Sanmartín.

O acto recoñecerá o labor de dúas mulleres referentes no mundo da cultura actual como son a cineasta Jaione Camborda, que coa súa película O Corno acaba de gañar a Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián e a prolífica poeta Yolanda Castaño, recentemente galardoada co Premio Nacional de Poesía 2023. Tamén recibirán o recoñecemento o grupo de pandeireteiras Leilía, pioneiras da música galega tradicional que veñen de celebrar a súa despedida dos escenarios tras máis de tres décadas de andaina.

Tamén se distinguirá a María Jesús Lamas Díaz, directora da Axencia Española de Medicamentos, que tamén o foi do Servizo de Farmacia do CHUS; Nanina Santos Castroviejo, historiadora e pioneira do feminismo organizado e promotora dende o ano 1983 de Andaina, a revista galega de pensamento feminista, e a profesora do IES Rosalía de Castro e impulsora do Premio San Clemente, Maribel Martín.

Este recoñecemento municipal tamén irá para dúas figuras referentes do comercio compostelán: María Pereira, que estivo 35 anos á fronte do negocio Dosel de fabricación artesá de tecidos e encaixes tradicionais na rúa Nova, e Julia López, que con 90 anos segue detrás do mostrador do mítico negocio familiar Fotos Sandine na rúa do Vilar.

O acto será conducido por Rosa Aneiros e contará coa actuación de Caamaño e Ameixeiras que interpretarán varios temas.

Manifesto e Premio Xohana Torres

O propio venres, 8 de marzo, levarase a cabo a lectura do Manifesto que corresponde á Declaración institucional que foi aprobada por unanimidade por todos os grupos que conforman a Corporación o pasado 28 de febreiro. A continuación, o Pazo de Raxoi acollerá o acto de fallo e a entrega do Premio Xohana Torres 2023.

Este venres tamén se abrirá o prazo de presentación de propostas á edición 2024 do ‘Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega’. A esta convocatoria, que permanecerá aberta ata o 30 de decembro, pode concorrer calquera persoa física ou agrupacións de persoas sen personalidade xurídica e os traballos deben tratar da participación social e política das mulleres e ter como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poden ser ensaios literarios ou científicos, mais tamén pezas audiovisuais sobre as mulleres galegas ou experiencias das mulleres en Galicia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Cada premio, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual, estarán dotados con 2.500 euros, que cubrirán os dereitos de edición das obras por parte do Servizo de Publicacións da USC.

Etiquetas

8Mactividadescompostelaradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha