ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

Compostela prende este venres o Nadal: Esta é toda a programación

Santiago de Compostela encenderá este venres 28 de novembro o alumeado que marcará o inicio oficial da programación “Compostela, a estrela do Nadal”, unha proposta intensa, diversa e especialmente pensada para o público familiar.

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de noviembre de 2025 a las 21:26

Compartir

Acendido do Nadal no Obradoiro

A festa de acendido celebrarase ás 19:00 horas na praza do Obradoiro cun espectáculo protagonizado por artistas locais. A compañía de circo Pistacatro, recentemente galardoada co Premio Nacional de Circo 2025, ofrecerá un extracto do seu show Sen patrón.

Antes, ás 18:30 h, partirán dúas comitivas desde a Carreira do Conde e a Porta do Camiño, acompañadas por grupos tradicionais, facendo paradas no Toural e en Cervantes para prender as instalacións luminosas destas prazas.

No preludio do acendido tamén participarán artistas de Circo Mestura coa disciplina de lollipop, e a compañía Duelirium, que preparou unha intervención especial nas alturas, con bailarinas e acompañamento musical de Mónica de Nut.

Iluminación: máis de 290 arcos e 125 árbores iluminadas

A cidade contará este Nadal con:

  • 2.935 metros de corredores luminosos

  • 290 arcos

  • 296 motivos en farolas

  • 8 elementos singulares

  • Unha árbore transitable de 20 metros no Obradoiro

  • Dous paraugas de grilandas no Toural e Cervantes

  • Iluminación especial en Praterías, praza Roxa, praza de Galicia, o antigo Concello en Cervantes e o Pazo de Raxoi

  • 125 árbores iluminadas e decoración en parroquias

  • A iluminación activarase este venres, dando inicio ao Nadal compostelán, que incrementará actividade ao longo de decembro.

    Xardín dos xogos do Obradoiro

    Tamén o venres abrirá o xardín dos xogos, que medra en altura e incorpora novos elementos deseñados para estimular a creatividade e o xogo libre. Complementarase coa instalación do xardín das oito puntas, que este ano integrará árbores naturais xa existentes en varios barrios.

    Apoio ao comercio local

    A campaña inclúe iniciativas para dinamizar o comercio de proximidade, como a ruleta de agasallos “Eu Merco Aquí”, presente na Praza Roxa e na Alameda, onde se repartirán premios a cambio dun tícket de compra no comercio local.

    Carpa Roxa e Carpa da Alameda

    As dúas grandes carpas ofrecerán decenas de actividades:

    Carpa Roxa (desde o 5 de decembro)

    • Máis de 30 actividades e obradoiros

    • Ciclo musical Son Xove os venres e sábados

    • Novidade: programación “Eh! Domingo!”, con propostas como a discoteca de señoras e señores, actuacións musicais e Bingos Musicais

    Carpa da Alameda (desde o 19 de decembro)

    • Actividades específicas para nenos e nenas

    • Pista de xeo ecolóxica

    Mercados de Nadal

    • Mercado de Nadal da Carreira do Conde: do 28 de novembro ao 5 de xaneiro.

    • Mercado de Nadal de Área Central: do 20 de decembro ao 5 de xaneiro.
      Reunirán case 90 expositores de alimentación, artesanía, ilustración, téxtil, cosmética e produtos solidarios, ademais dun espazo infantil con preto de 40 obradoiros.

    Programación nos centros socioculturais

    Os centros municipais ofrecerán 75 actividades, con obradoiros infantís, familiares e para adultos: cociña de Nadal, elaboración de centros de mesa, velas, monicreques e talleres de circo na Casa das Máquinas con CircoNove.

    Carreira de San Silvestre

    A tradicional carreira celebrarase o 31 de decembro ás 17:00 h con saída no Obradoiro. O obxectivo é superar as máis de 2.200 inscricións do ano pasado.

    Festa de Fin de Ano

    O 31 á noite repetirase o formato de éxito: música na rúa coa Mecánica Rolling Band e as badaladas no Obradoiro para recibir o 2026.

    Outros eventos destacados

    • Quedada “Estrelas e Desexos”: 30 de decembro na Alameda, coa Orquestra de Malabares de Pistacatro.

    • Festa do Apego: sábado 27 no Auditorio.

    • Ruada do Apalpador e Cabalgata de Reis.

    Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
    Unirse →
  • Animación de rúa durante todo o mes.

  • Etiquetas

    nadalSantiago de Compostela
    Compartir

    Síguenos en redes

    FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

    Últimas noticias

    • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

    • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

    • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

    • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

    • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

    Suscríbete

    Recibe las noticias en tu correo.

    Te puede interesar

    «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
    Deportes

    «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

    Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
    Destacado

    Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

    Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
    Arte y Cultura

    Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

    Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
    Destacado

    Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago