ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Compostela creará unha nova empresa municipal de vivenda

 

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de abril de 2024 a las 23:18

Compartir

 

 

02/04/2024 O Concello de Santiago de Compostela está a dar os pasos necesarios para a creación dunha sociedade mercantil de capital integramente municipal que contribúa á necesaria mellora das condicións de acceso á vivenda e á rehabilitación e recuperación do patrimonio inmobiliario compostelán. O Goberno local entende que unha empresa pública é un instrumento fundamental para unha política efectiva en materia de vivenda.

En cumprimento do acordado polo Pleno da Corporación na sesión do 25 de novembro de 2021, a Secretaría requiriralles aos diferentes grupos municipais a designación de cadansúa persoa concelleira representante na Comisión Especial que se encargará da elaboración da Memoria xustificativa e da Proposta de estatutos da nova sociedade mercantil de capital integramente municipal. Esta Comisión, presidida pola Alcaldía, estará formada tamén por persoal técnico de Secretaría, Urbanismo, Asesoría Xurídica, Orzamentos e Intervención.

En paralelo a isto, a área de Urbanismo está a dar outros pasos necesarios para avanzar cara á creación desta empresa pública. Así, procederase proximamente á contratación do asesoramento técnico para a redacción da Memoria xustificativa esixible no procedemento de constitución da nova sociedade. Unha vez elaborada a Memoria e tras ser aprobada pola Corporación, exporase ao público por un prazo mínimo de 30 días naturais antes da aprobación definitiva do expediente (que incorporará o informe de Intervención) por parte do Pleno.

O obxectivo prioritario da nova sociedade mercantil de capital integramente municipal será a rehabilitación e recuperación do parque inmobiliario existente para a creación gradual dun parque de vivenda de titularidade municipal en réxime de alugueiro que contribúa a paliar o déficil habitacional. Tratarase, por tanto, dunha ferramenta ao servizo da mellora das condicións de acceso á vivenda e da preservación do patrimonio edificado. As súas actuacións no ámbito da promoción, posesión, xestión e administración do solo, da vivenda e dos equipamentos públicos desenvolveranse no marco dun modelo urbano que aposta pola recuperación e reutilización do parque residencial existente e guiaranse polos principios da sostibilidade, racionalidade, eficiencia, eficacia, calidade e equidade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os ámbitos espaciais de actuación preferente da nova empresa pública serán a Cidade Histórica (Plan Especial 1) e os barrios de iniciativa pública construídos na segunda metade do século XX.

Etiquetas

compostelaradio lider santiagosantiagovivenda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol