ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Boqueixón insta a Correos a manter os 3 carteiros durante o verán

Boqueixón, 17 de xullo de 2024.- O Concello de Boqueixón vén de solicitarlle á Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos e ao Ministerio de Facenda e Función Pública que doten do persoal suficiente para manter a normalidade na prestación do servizo no  municipio durante as datas de verán. Dende o Concello estiman que o número necesario de carteiros/as é 3, que son os que actualmente distribúen a correspondencia entre as distintas parroquias de Boqueixón durante o resto do ano.

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de julio de 2024 a las 19:52

Compartir

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, lamenta que “nos últimos anos estamos o servizo de Correos no noso concello vén rexistrando diversas queixas por parte da veciñanza sobre un funcionamento deficiente, onde as cartas non chegan ou tardan moito en chegar. Ademais, durante o período estival sufrimos unha merma no número de carteiros, o que afecta sensiblemente á calidade dun servizo xa deficiente”.

Na actualidade, o servizo de Correos en Boqueixón é prestado por tres carteiros, cuxa oficina postal se atopa nunhas dependencias municipais no Forte cedidas de balde polo Concello á Sociedade Estatal de Correos e Teléfonos. Durante o mes de xullo, o persoal redúcese a 2 carteiros e está previsto que no mes de agosto todo o traballo de reparto e oficina sexa levado a cabo por unha única persoa.

“A prestación do servizo en condicións de precariedade repercutirá negativamente nos tempos de reparto e mesmo quedará correspondencia sen repartir ata mediados ou finais do mes de setembro”, advirte Rodeiro Tato, quen indica que durante o resto do ano “hai recibos de impostos que tampouco chegan aos destinatarios ou tardan moito en facelo, cos conseguintes prexuízos para os contribuíntes”.

Por iso, dende o Concello instan a Correos a manter en 3 o número de carteiros durante o período estival e a mellorar a prestación do servizo durante o resto do ano. Para facilitar ese traballo, o Concello de Boqueixón está a desenvolver un proxecto de numeración dixital de todo o municipio, que permitirá aos carteiros poder chegar con exactitude a calquera domicilio grazas a que todos eles estarán xeoreferenciados.

Etiquetas

boqueixoncorreosradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha