ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSociedad

Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 € por nacemento, acollida ou adopción

 

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de marzo de 2024 a las 20:58

Concello de Boqueixon

Compartir

 

 

As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril para solicitalas. O resto dispoñen de 15 días naturais a contar tras o nacemento

Boqueixón, 27 de marzo de 2024.- O Concello de Boqueixón abre hoxe o prazo de presentación de solicitudes das axudas ás familias para sufragar parcialmente os custes derivados do nacemento e/ou acollemento ou adopción de nenos e nenas empadroados no municipio. Unhas axudas convocadas por primeira vez en 2021 e que ascenden a 400 euros por familia.

Unha iniciativa á que o Concello de Boqueixón destina máis de 7.000 euros, “ampliables se fose preciso”, apunta o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, quen explica que “con esta iniciativa queremos axudar ás familias cos gastos da crianza pero tamén queremos apoiar ao noso comercio local, polo que o gasto terá que facerse en empresas radicadas en Boqueixón”.

De feito, os cartos deberán ser gastados en beneficio do neno/a: cueiros, lácteos e alimentos infantís, roupa, calzado, enxoval, produtos de  hixiene infantil, medicamentos ou calquera outro tipo de produtos receitados polo facultativo de pediatría. Uns produtos que deberán ser adquiridos en establecementos comerciais emprazados no municipio de Boqueixón.

Solicitudes

As axudas outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva e con independencia da renda familiar: 400 euros para todos os nenos e nenas nados, acollidos ou adoptados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024. Unha achega que será de 500 euros no caso de acreditar unha discapacidade da crianza dun 33% ou superior.

Para poder solicitar as axudas é preciso que a familia estea empadroada en Boqueixón (incluído o menor recén nacido) no momento de presentar a solicitude e comprometerse a seguir empadroada un mínimo de 3 anos. Así mesmo, será necesario non ter pendente de xustificar subvencións outorgadas polo Concello nin estar en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de subvencións que establece a Lei.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica municipal (https://sede.boqueixon.com). Así mesmo, poderanse presentar solicitudes de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Boqueixón. O Concello de Boqueixón establece dous prazos de presentación de solicitudes:

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →
  • Para as persoas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 26 de marzo, o prazo será de 15 días naturais (contados a partir de hoxe 27 de marzo).
  • Para as persoas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 27 de marzo e o 31 de decembro de 2024, o prazo de solicitude será de 15 días naturais a partir do día seguinte ao nacemento, acollida ou adopción.

 

Etiquetas

axudaboqueixonnacementoradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha