ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Aumento de impostos en Santiago e novo «taxazo» do lixo

Na rolda de prensa, o concelleiro responsable da facenda local deu conta destas propostas que agora terán que ser sometidas ao procedemento habitual. Deste xeito, tras pasar por comisión informativa, someterase ao Pleno da Corporación Municipal e abrirase un periodo de exposición pública de 30 días. No caso de haber alegacións, o informe final deberá volver ao Pleno para someter a ordenanza á súa votación final.

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de septiembre de 2025 a las 20:14

Compartir

No que ten que ver co expediente que modifica varias ordenanzas, Manuel César explicou que o obxectivo estratéxico é “planificar e redactar ordenanzas claras e sinxelas enfocadas cara á xestión”. Así, unifícanse as datas límite de presentación de solicitudes de beneficio fiscal: que pasa a ser o 1 de xaneiro nos tributos periódicos (como o imposto de bens inmobles ou o imposto de vehículos) e mantense en calquera momento nos non periódicos (como unha taxa para unha licenza ou o pago dunha pasaxe de vehículos). Neste sentido,  apelou á comunicación deste prazo e comprometeu tamén un esforzo comunicativo para dar a coñecer este cambio. Tamén se elimina a porcentaxe mínima nos fraccionamentos da débeda e fíxanse en tres, cinco ou nove cotas durante o ano, que –insistiu– deberá solicitarse no prazo máximo de antes do 1 de xaneiro.

O segundo expediente ten que ver con distintos impostos, mais recalcou que “non hai suba de impostos”, senón unha adaptación. Así, explicou que no IBI se establece un cambio importante para gravar as vivendas baleiras, cun recargo dun entre 50% e 150% para os inmobles residenciais desocupados. Este gravame do IBI, formulado por proposta da Concellaría de Urbanismo e Vivenda, ten relación co propio plan de medidas correctoras que impulsa este goberno xunto coa solicitude de declaración de zona de mercado residencial tensionado.

Tamén se establece unha bonificación do 50% para o ICIO das vivendas protexidas ou de promoción autonómica e descontos para o imposto de vehículos de cero emisións (do 50%) e eco (do 25%), tal e como establece a normativa estatal.

Neste segundo expediente tamén hai outra importante novidade, como é a bonificación para as vivendas que teñen instaladas placas solares, ao rebaixar o limiar para contar con este desconto: de 5 kw/100 m2 a 2 Kw/100m2.

Ordenanza fiscal do lixo

O Concello de Santiago promove a aprobación dunha nova ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación dos servizos de recollida, transporte e tratamento dos residuos municipais, ou o que se coñece popularmente como a taxa do lixo.  Esta nova ordenanza adáptase ao contido da Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

Con esta norma dáse cumprimento ao principio de quen contamina paga.

Manuel César incidiu en que a taxa actual non está actualizada conforme ao custo do servizo, que se calcula no estudo nuns 8,9 millóns de euros. Ao respecto, remarcou que dous terzos da suba débese ao “taxazo de Sogama”.

Hai dúas novidades importantes con respecto desta taxa: pasará a cobrarse nun único recibo (salvo que a persoa contribuínte pida aprazalo en tres, cinco ou nove cotas) e tomarase como referencia o valor catastral das vivendas fronte aos consumos da auga. Ademais, establécense exencións para as vivendas que se sitúen a máis de 200 metros dun contedor (no rural) ou para solos sen edificar, así como persoas con ingresos por debaixo do Iprem ou persoas beneficiarias de rendas sociais.

A cota mínima non varía con respecto á anterior e será de 6,17 euros ao mes. Ata 33.841,91 euros de valor castastral da vivenda, só se pagará a cuota mínima e, para o resto, establécense ata cinco tramos de forma que como máximo haberá que sumarlle 3,2 euros no tramo máis alto (a partir de 102.376,66 euros). A cota fixa non doméstica increméntase un 24,31%.

Segundo explicou o concelleiro, a escolla do valor catastral é o máis fiable e empregado para fixar o importe da taxa doméstica. Neste valor téñense en conta múltiples variables que indican tanto posibles usuarios e polo tanto residuos –metros de superficie do inmoble–, como capacidade económica –localización, calidade da construción–.

Esta nova ordenanza permitirá obter o financiamento suficiente do servizo de xestión de residuos e crear incentivos ás boas prácticas e á mellora da eficiencia económica na xestión de residuos. Ao respecto, lembrou que a separación en orixe permitirá reducir o canon que se paga a Sogama, polo que incidiu na importancia da implicación de toda a veciñanza.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O concelleiro lembrou que a propia Lei 7/2022 establece como obrigatorio que as ordenanzas municipais reguladoras das taxas de recollida e tratamento de residuos cubran a totalidade dos custos asociados á súa xestión e isto “fica garantido nesta nova proposta de ordenanza”, como demostra o estudo económico que serve de base para a súa elaboración.

Etiquetas

basurabngcompostela abertaIBIimpuestospoliticaSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Pérez Barral denuncia a pretensión de levar a residencia ao monte pese a que nas Saíñas xa hai 800.000€ investidos
Comarca

Pérez Barral denuncia a pretensión de levar a residencia ao monte pese a que nas Saíñas xa hai 800.000€ investidos

Goretti Sanmartín será a candidata do BNG para revalidar a Alcaldía en 2027
Actualidad

Goretti Sanmartín será a candidata do BNG para revalidar a Alcaldía en 2027

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público na contorna de Santiago
Actualidad

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público na contorna de Santiago

O BNG pide transferir a Galicia as competencias dos aeroportos de Santiago, Vigo e A Coruña
Actualidad

O BNG pide transferir a Galicia as competencias dos aeroportos de Santiago, Vigo e A Coruña