ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Atención Santiago: últimos días para votar nos Orzamentos Participativos de Xuventude

O próximo luns, 24 de marzo, remata o prazo para votar nos Orzamentos Participativos na área de Xuventude, nos que os mozos e mozas poden decidir o destino de 100.000 euros do presuposto municipal. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, fixo unha chamada á participación, para elixir entre o máis dun cento de propostas presentadas nesta edición do programa Compostela Decide.

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de marzo de 2025 a las 20:01

Compartir

Na fase de propostas dos Orzamentos Participativos de Xuventude recolléronse un total de 179 suxestións, das que foron validadas as 159 que cumprían os requisitos técnicos ou que non foron retiradas polas persoas propoñentes. As propostas similares foron agrupadas, de maneira que finalmente son 103 as sometidas a votación, agrupadas en dez áreas temáticas diferentes: deporte, música, cine e sector audiovisual, outras disciplinas artísticas, gastronomía, ciencia, tecnoloxía e saberes; medio ambienbte e saúde, animais, igualdade, diversidades e sexualidade; inclusión social e emprendemento, emprego e economía circular. A concelleira María Rozas destacou a variedade das propostas, “que racha cos estereotipos sobre a mocidade e demostra que os mozos e mozas teñen moitos e moi variados intereses, unha gran consciencia social, e ganas de participar na vida pública”.

Procedemento de votación

Na fase de votación dos Orzamentos Participativos de Xuventude poderán participar os mozos e mozas nacidos entre 1995 e 2009, que estean censadas en Santiago ou que acrediten que estudan ou traballan en Compostela. As persoas que participen no proceso, a través da web decide.santiagodecompostela.gal, deberán seleccionar obrigatoriamente tres propostas distintas, e puntualas con 3, 2 ou 1 punto, segundo o grao de preferencia. O prazo de votación rematará o 24 de marzo. Ademais, véñense habilitando puntos de votación presencial en diferentes espazos vinculados á Universidade de Santiago.

O departamento de Mocidade executará as propostas máis votadas, ata completar o orzamento de 100.000 euros asignado aos Orzamentos Participativos. Na edición anterior puideron desenvolverse un total de dez propostas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

orzamentos participativosxuventude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”
Destacado

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”

Concertos, talleres de costura ou cursos de reparación: a mocidade decide en que gasta Raxoi 100.000 €
Actualidad

Concertos, talleres de costura ou cursos de reparación: a mocidade decide en que gasta Raxoi 100.000 €