ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Ames desbrozará e limpará os núcleos rurais do municipio

O alcalde, Blas García, destaca “a importancia de volver a contar con este servizo que foi posto en marcha no ano 2021 cunha moi boa acollida entre a veciñanza amesá. O anterior contrato tivo que resolverse debido á quebra da anterior concesionaria de dito servizo. É unha clara aposta polo rural amesán, e en concreto, unha aposta seria e firme pola conservación dos nosos núcleos rurais”

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de noviembre de 2025 a las 19:37

Compartir

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “este servizo foi licitado por primeira vez no ano 2021 co obxectivo de poñer en marcha unha brigada específica de limpeza e mantemento no rural. Agora, vólvese apostar por este servizo cun novo contrato que está reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social”

Ames, 4 de novembro de 2025.- O Concello de Ames vén de aprobar en Xunta de Goberno Local o pasado 30 de outubro o expediente de licitación do novo contrato dos servizos de desbroce, limpeza e mantemento dos núcleos rurais do municipio. O orzamento base de licitación ascende a 741.684,30 euros (IVE incluído), que estará dividido nos exercicios 2026, 2027 e 2028. O contrato terá unha duración inicial de dous anos, con posibles prórrogas. O anterior contrato tivo que resolverse debido á quebra da anterior concesionaria do servizo. A través deste servizo preténdese realizar os traballos de limpeza, mantemento e conservación dos accesos e interiores dos núcleos rurais. Tamén se realizarán tarefas de mantemento dos contornos de lavadoiros, igrexas, locais sociais, muíños, beirarrúas e canalizacións de pluviais de titularidade municipal. Actuarase nas 11 parroquias do concello de Ames e nun total de 107 núcleos rurais.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de licitación do novo contrato dos servizos de desbroce, limpeza e mantemento dos núcleos rurais amesáns. O obxectivo é volver a contar cun servizo específico para realizar traballos de mantemento e conservación dos accesos e interiores dos núcleos rurais, incluíndo tamén as zonas próximas aos lavadoiros, igrexas, locais sociais, muíños, beirarrúas, canalizacións de pluviais, etc., que sexan de titularidade municipal.

O Concello de Ames ten o deber de executar as correspondentes operacións de conservación e mantemento dos viarios de acceso e interiores dos núcleos rurais co obxectivo de preservar o estado de ditas vías. Deste xeito, a través de dito servizo preténdese facer os traballos de desbroce nas marxes dos camiños de acceso aos núcleos de poboación, así como nos seus interiores.

O alcalde, Blas García, destaca “a importancia de volver a contar con este servizo que foi posto en marcha no ano 2021 cunha moi boa acollida entre a veciñanza amesá. O anterior contrato tivo que resolverse debido á quebra da anterior concesionaria de dito servizo. É unha clara aposta polo rural amesán, e en concreto, unha aposta seria e firme pola conservación dos nosos núcleos rurais”.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “este servizo foi licitado por primeira vez no ano 2021 co obxectivo de poñer en marcha unha brigada específica de limpeza e mantemento no rural. Agora, vólvese apostar por este servizo cun novo contrato que está reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social”.

Orzamento base de licitación

O orzamento base de licitación ascende a 741.684,30 euros (IVE incluído), que estará dividido nos exercicios 2026, 2027 e 2028. Durante o exercicio 2026 (de abril a novembro) está previsto un gasto de 247.228,10 euros. Para 2027 (de decembro de 2026 a novembro de 2027) o gasto do contrato ascende a 370.842,15 euros, mentres que para 2028 (de decembro de 2027 a marzo de 2028) recóllese un gasto de 123.614,05 euros. O contrato terá unha duración inicial de dous anos, con posibles prórrogas.

A empresa adxudicataria do servizo terá que presentarlle ao Concello de Ames unha planificación da totalidade dos traballos a desenvolver. O Concello de Ames poderá introducir modificacións en dito plan, con relación ao alcance, secuencia e ordenación de operacións que permitan mellorar a calidade dos traballos conseguidos sempre e cando, non excedan do alcance orzamentario previsto para a execución do traballo.

Equipo de tres ou cinco persoas

O servizo contará cun equipo mínimo de tres persoas traballando simultaneamente durante 8 meses do ano, pasando a ser cinco traballadores/as durante o período estival (catro meses ao ano). Estes traballos inicialmente serán realizados en xornada partida de mañá e tarde, aínda que se poida estudar a posibilidade de realizalos en xornada continua, pero cumprindo o horario de 8 horas diarias (40 horas semanais).

Actuarase nas 11 parroquias do concello de Ames e nun total de 107 núcleos rurais. Os traballos de limpeza e mantemento dos accesos e interiores dos núcleos rurais executaranse en Agrón (14 núcleos); na Ameixenda (8 núcleos); Ames (18 núcleos); Biduído (13 núcleos); Bugallido (11 núcleos); Covas (8 núcleos); Lens (2 núcleos); Ortoño (15 núcleos); Piñeiro (6 núcleos); Tapia (3 núcleos); e Trasmonte (9 núcleos).

Centros especiais de emprego de iniciativa social

Este novo contrato está reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social. Cómpre salientar a aposta do Concello de Ames pola economía social e os centros especiais de emprego, xa que en 2023 o Concello de Ames adxudicou o contrato de mantemento de zonas verdes á empresa Coregal Parques e Xardíns SL, por un importe de 1.531.860 euros (IVE incluído).

Neste senso, tamén hai que destacar que o Concello de Ames foi premiado en novembro de 2023 co Premio Cegasal á Administración Local debido a súa longa traxectoria apostando pola economía social e os centros especiais de emprego de iniciativa social.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ademais, recentemente, en xuño deste ano o presidente de CEGASAL, Mino Martínez Lago, visitou á Casa do Concello, en Bertamiráns, para manter unha xuntanza no salón de Plenos co alcalde e cos concelleiros e concelleiras do grupo de goberno. Mino Martínez puxo a Ames como exemplo a seguir por outras administracións en prol da integración laboral de persoas con diversidade funcional.

Etiquetas

amesrural
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación