ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaEducaciónPolítica

Aberto o prazo de matrícula na escola de maiores do Milladoiro

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de octubre de 2024 a las 20:58

Compartir
  • As clases comezarán no vindeiro 22 de outubro e rematarán a finais de xuño. Impartiranse os mércores de 17:00 a 18:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro
  • A Escola integral de maiores é un espazo para aprender, divertirse e compartir no que se ofrecen clases para todas aquelas persoas de Ames que non tiveron oportunidade de continuar a súa educación básica.
  • A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Uxía García, destaca que “a escola de maiores non é só para estudar, senón que tamén é unha actividade de socialización e apoderamento a través do aprendizaxe e a adquisición de competencias básicas”

Ames, 8 de outubro de 2024.- O prazo de matrícula na Escola integral de maiores do Milladoiro, coordinada pola OVA e dependente da Concellaría de Benestar Social, xa está aberto. As persoas maiores de 60 anos que queiran participar desta actividade deberán inscribirse chamando ao teléfono 662 377 044 ou acudir á Oficina de Voluntariado, na Casa da Cultura de Bertamiráns, de 10:00 a 13:00 horas. Nestas clases o alumnado adquirirá e repasará coñecementos como a lectura, a escritura ou as contas matemáticas básicas dun xeito dinámico. As clases comezarán no vindeiro 22 de outubro e rematarán a finais de xuño.

As persoas interesadas en participar na Escola integral de maiores do Milladoiro xa se poden inscribir. As clases impartiranse os mércores de 17:00 a 18:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro.

Para reservar praza ou solicitar máis información, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 662 377 044, ou acudindo ás Oficina de Voluntariado, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 10:00 a 13:00 horas. O prazo permanecerá aberto ata o mes de xaneiro, sempre e cando haxa prazas dispoñibles.

A Escola integral de maiores é un espazo para aprender, divertirse e compartir no que se ofrecen clases para todas aquelas persoas de Ames que non tiveron oportunidade de continuar a súa educación básica. Os dous mestres voluntarios repasarán co alumnado a lectura e comentario de textos, a escritura ou conceptos matemáticos sinxelos. Ambos teñen experiencia na materia.

A poesía ou a música, un chisco de historia ou xeografía tamén serán temas a tratar nas clases, que se complementarán con charlas ou saídas. O curso rematará cun acto a finais do mes de xuño nun dos centros socioculturais que preparará o propio alumnado, ao que se lle entregará un diploma acreditativo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Uxía García, destaca que “este é un programa que funciona moi ben e que, ano tras ano, nos trae moitas satisfaccións. A escola de maiores non é só para estudar, senón que tamén é unha actividade de socialización e apoderamento a través do aprendizaxe e a adquisición de competencias básicas”.

Etiquetas

amesescolamaioresmilladoiroradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego