ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercio

Os Centros Socioculturais converten o comercio de Santiago no «Museo máis pequeno da cidade»

 

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de abril de 2024 a las 14:09

Compartir

 

 

02/04/2024 Os establecementos comerciais de Santiago convertiránse en pequenos museos para albergar obras de arte en miniatura realizadas polos veciños e veciñas, grazas ao programa «O museo máis pequeno da cidade», impulsado pola Concellaría de Centros Socioculturais. Os concelleiros Xan Duro e María Rozas presentaron hoxe a actividade, coa que a rede de CSC se suma tamén á celebración do Día Mundial dos Museos, o 18 de maio. As persoas que desexen participar achegando a súa proposta artística poderánse inscribir a partir do próximo xoves, 4 de abril.

«O museo máis pequeno da cidade» é unha iniciativa da Concellaría de Centros Socioculturais, que parte dunha idea orixinal da artista catalá Noemí Batllorí. Tal e como explicou o concelleiro Xan Duro, «o obxectivo é encher Santiago de pequenos museos con entrada de balde, sen aglomeracións e sen colas, nos que ademais se poderán admirar obras realizadas polos veciños e veciñas de Compostela». Esas salas de arte serán establecementos comerciais de Compostela que, apuntou a concelleira de Comercio, María Rozas, «sumándose a esta proposta gañan visibilidade, incorpóranse a un roteiro no que poden achegarse a nova clientela pero, sobre todo, reforzan o seu papel como elementos cohesionadores dos barrios nos que se atopan». Trátase, en definitiva, «de fomentar a intervención sociocultural e artística entre a veciñanza, de crear comunidade a través da arte, e de fomentar a mobilidade entre os diferentes barrios de Santiago».

A participación no proxecto «O museo máis pequeno da cidade» está aberta a toda a veciñanza. O próximo xoves, 4 de abril, comeza o prazo de inscrición para as persoas ou grupos que desexen presentar a súa obra, que debe estar realizada dentro dunha caixa de cartón de 13×13 centímetros que será facilitada nos propios centros socioculturais. As obras rematadas entregaranse tamén na rede de CSCs, sempre acompañadas dun debuxo ou dunha copia da obra na que figure o seu título, o nome do seu autor ou autora e a súa idade.

A inscrición deberá realizarse do 4 ao 10 de abril, ben presencialmente nos centros socioculturais ou a través do mail ccpreinscricions@santiagodecompostela.gal, adxuntando o formulario que se pode atopar na sede electrónica do Concello de Santiago (trámite ‘Participación en actividades municipais da Rede de Centros e Locais Socioculturais’). As caixas-museo poderánse retirar do 10 ao 17 de abril, e o prazo para entregar as obras de arte irá do 19 ao 26 de abril. As pezas estarán expostas nos establecementos comerciais, designados mediante sorteo, desde o 15 de maio, cadrando coa celebración do Día Mundial dos Museos o día 18, ata o 12 de xullo. Posteriormente, as obras seránlle devoltas aos seus autores e autoras ao longo do mes de setembro.

Sábados no «Museo máis pequeno da cidade»

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

De forma paralela, e mentres as obras estean instaladas nos establecementos comerciais, a Concellaría de Centros Socioculturais porá en marcha un xogo nas redes sociais para animar a veciñanza a visitar as diferentes propostas do «Museo máis pequeno da cidade». Para iso, colgaranse imaxes dunha parte do museo e iranse achegando pistas para que as persoas que queiran participar descubran onde se atopa a obra e cal é o seu título e a súa autoría. Para participar tamén é preciso inscribirse, a título individual ou en grupo, ben nos centros socioculturais ou ben no mail ccpreinscricions@santiagodecompostela.gal. Haberá un sorteo de agasallos entre todas as persoas ou grupos participantes.

Etiquetas

comeriocompostelamuseoradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.