ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaEducaciónSociedad

Hamburguesa con patacas fritidas para remartar o curso en Ames

As nenas e nenos usuarias da Rede municipal de comedores escolares xantaron hoxe hamburguesa con patacas fritidas, un menú elixido previamente nas elección feitas días atrás

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de junio de 2024 a las 18:17

Compartir

O primeiro prato, puré de verduras, foi escollido pola nutricionista municipal. A sobremesa, que tamén a elixiu o alumnado, foi o xeado artesán de vainilla

Este foi o décimo oitavo ano no que se celebraron estas peculiares eleccións nos comedores escolares

Ames, 20 de xuño de 2024.- As nenas e nenos usuarias da Rede municipal de comedores escolares xantaron hoxe hamburguesa con patacas fritidas, un menú elixido previamente nas elección feitas días atrás. Nesta ocasión, por segundo ano consecutivo, impúxose a hamburguesa. O primeiro prato, puré de verduras, foi escollido pola nutricionista municipal. A sobremesa, que tamén a elixiu o alumnado, foi o xeado artesán de vainilla. Este foi o décimo oitavo ano no que se celebraron estas peculiares eleccións nos comedores escolares.

As usuarias e usuarios da Rede municipal de comedores escolares manteñen as súas preferencias este ano para despedir o curso. Por segunda vez o alumnado elixiu a hamburguesa con patacas fritidas para o menú de fin de curso que se serviu hoxe, penúltimo día de clase, xa que o venres unha gran parte do alumnado xa come nas súas casas.

Este foi o décimo oitavo ano no que se celebraron estas peculiares eleccións nos comedores escolares. Nesta ocasión, o alumnado tivo que escoller entre seis posibilidades: albóndegas con arroz e salsa de tomate, pizza de xamón e queixo, churrasco con patacas fritidas, hamburguesa con patacas fritidas, peituga rebozada (nugets) con pasta tricolor e salmón con arroz.

Dende o 2011 o churrasco con patacas fritas gañou en nove ocasións e a pizza de xamón e queixo dúas veces. En 2011, 2012 e 2013 gañou o churrasco, mentres que en 2014 e 2015 impúxose a pizza. Os seis últimos anos volveu a gañar o churrasco como o prato favorito dos nenos e nenas da Rede municipal de comedores escolares ata o ano pasado que por primeira vez se impuxo a hamburguesa.

Por outra banda, a listaxe de opcións de sobremesa contiña cinco opcións que eran o iogur artesán con melocotón, xeado artesán de vainilla, xeado polo, flan con nata e amorodos con nata. Para a sobremesa elixiron xeado artesán de vainilla.

A nutricionista elixe un prato

O Concello fai valer a súa representatividade para elixir outro prato que completa o menú de fin de curso, de maneira que dúas comidas son decisión dos cativos e outra vén definida pola dirección da Rede municipal de comedores escolares. Deste xeito, o primeiro prato que se serviu foi puré de verduras.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Outro obxectivo que se busca con estas eleccións é que o alumnado aprenda os valores dunha educación en democracia e a respectar o que elixe a maioría. Ademais esta actividade serve para que o Concello coñeza os gustos e preferencias dos máis cativos a hora de xantar.

Etiquetas

amesfin de cursomenuradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego