ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarcaPolítica

XEA e o Concello de Ames organizan o IV concurso de fotografía ‘Enfoca Ames’

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de octubre de 2024 a las 22:09

Compartir
  • O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “este certame ten moi boa aceptación e permítelle ao Concello dispor dun banco de imaxes sobre distintos espazos con valor natural, patrimonial e cultural. Ademais, ao remate do concurso farase unha exposición coas fotos que participaron no certame” 
  • O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, anima “a saír coa cámara de fotos ou cun móbil e percorrer Ames porque ten moitos recunchos fermosos. Se alguén dispón dunha fotografía que non sabe se pode presentala ou non, que se anime a participar porque existe a categoría artística, onde se pode recoller a visión subxectiva de cada un, que é unha percepción íntima do que se está observando”

Ames, 11 de outubro de 2024.- A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, organiza a cuarta edición do concurso de fotografía Enfoca Ames, cuxo obxectivo é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes vai do 11 de outubro ao 10 de novembro de 2024. As fotografías teñen que ser enviadas xunto coa ficha de inscrición por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com.

O certame ponse en marcha por cuarto ano consecutivo da man de XEA, coa colaboración do Concello de Ames, a través dos departamentos de Medio Ambiente e Turismo. Neste certame poden participar todas as persoas residentes en España, maiores de 18 anos, con independencia do seu lugar de orixe. As fotografías teñen que ser orixinais e inéditas, presentando unha única fotografía por categoría. A inscrición no concurso é gratuíta.

A presentación do certame realizouse esta mañá no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A dito acto asistiron o alcalde de Ames, Blas García; o concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo; a técnica municipal do departamento de Turismo, Sonia Moure; a técnica municipal do departamento de Medio Ambiente, Patricia Reboreda; o presidente e a xerente de Xuntanza de Empresarios de Ames, Ramón Cordido e Beatriz López.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “este certame, que xa chega a súa cuarta edición, naceu co obxectivo de promocionar o concello de Ames. Este ano hai novidades, xa que elimínase a categoría de macro e crease a de patrimonio. Convido a toda a veciñanza e persoas de fóra de Ames a que participen, porque se van entregar tres premios por categoría para gastar no comercio local. Trátase dunha iniciativa que ten moi boa aceptación e que lle permite ao Concello dispor dun banco de imaxes sobre distintos espazos con valor natural, patrimonial e cultural. Ademais, ao remate do concurso farase unha exposición coas fotos que participaron no certame”.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, explica que un dos obxectivo do concurso é “fomentar que a xente coñeza o patrimonio natural, artístico e cultural de Ames. Animo a saír coa cámara de fotos ou cun móbil a percorrer Ames porque ten moitos  recunchos fermosos. Se alguén dispón dunha fotografía que non sabe se pode presentala ou non, que se anime a participar porque existe a categoría artística, onde se pode recoller a visión subxectiva de cada un, que é unha percepción íntima do que se está observando. Unha imaxe sempre transmite unha mensaxe e unha inquietude moi persoal, de algo que queres dicir nun momento determinado. Todos temos unha cámara ou un móbil, polo que todos podemos presentarnos a este concurso, porque todos temos unha mensaxe que transmitir”.

Patrimonio natural, artístico e/ou cultural de Ames

As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por categoría. Neste senso a técnica municipal de Turismo, Sonia Moure, explica que “nesta edición cambiouse a categoría macro pola categoría patrimonio para potenciar que a xente coñeza mellor o concello e realice fotografías de elementos patrimoniais, material (igrexas, pontes, pazos, etc.) e inmaterial, como poden ser festas ou eventos relevantes”. Ademais, explicou que nesta edición “ampliase o prazo de presentación das fotografías”.

Existen tres categorías diferentes: paisaxe, patrimonio e artística. Na categoría paisaxe a fotografía debe mostrar os espazos do mundo que adoitan captar a presenza da natureza, pero tamén poden centrarse en características creadas polo home ou perturbacións das paisaxes. Na categoría patrimonio a fotografía debe recoller o patrimonio material (igrexas, cruceiros, pontes, muíños, etc) ou inmaterial (tradicións ou expresións vivas, verbenas, romarías, etc.) do noso concello. Por último, na categoría artística permítese a posibilidade de editar e manipular a captura orixinal. Esta categoría está relacionada cun aspecto máis subxectivo e surrealista.

Presentación das obras

As obras deberán ser enviadas xunto co impreso de inscrición ao correo electrónico enfocames@gmail.com. A Xuntanza de Empresarios de Ames resérvase o dereito a elaborar unha exposición fotográfica coas composicións que participen. Ademais, as persoas participantes darán o seu consentimento para que as composicións enviadas sexan expostas no Instagram Xuntanza Empresarios Ames e no Facebook Xuntanza de Empresarios de Ames co hashtag #enfocames. O prazo de entrega das imaxes vai do 11 de outubro ao 10 de novembro de 2024.

Premios

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As bases recollen a concesión de tres premios en cada unha das tres categorías. O primeiro de 100 euros, o segundo de 50 euros e o terceiro de 25 euros. Os nove premios son cheques para gastar nos comercios asociados á XEA. Ademais, por primeira vez as persoas premiadas recibirán un galardón que tamén foi presentado hoxe. O resultado do concurso será publicado o día 19 de novembro nas páxinas web de XEA e do Concello de Ames. As persoas agraciadas serán notificadas mediante chamada telefónica.

Etiquetas

amesenfoca amesfotografiamaia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación