Este departamento do goberno autonómico tamén levará a cabo a construción da nova facultade de Farmacia, con 12M € e investirá 17 M€ en distintos centros de investigación, polo que entre 2024 e 2027: o Centro de Investigación en Medicina Molecular (CIMUS); o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS); e o Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS); ademais do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e ao Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS).
Tamén contará con orzamento o centro de investigación empresarial, de Mestrelab, especializado en software científico para os sectores farmacéutico e biotecnolóxico, que está a recibir 4,2 M€ da Xunta e a súa última partida inclúese nestes Orzamentos.
Sinalar tamén que a Xunta xa ten investidos 5,5 M€ na reforma, ampliación e modernización de 13 centros educativos en Santiago, a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que comeza a súa segunda fase, na que se investirán uns 9,2 M €, en actuacións como: a ampliación do IES Eduardo Pondal; a rehabilitación integral do IES Arcebispo Xelmírez II; a renovación da cuberta e dotación dun ascensor do IES Rosalía de Castro; a renovación da cuberta do IES Pontepedriña; e melloras no Centro Integrado de FP Politécnico.
Imelga e vivenda
Dentro destas contas, a consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que aumenta o seu orzamento en máis de 2,2 millóns de euros respecto ao exercicio anterior, levará a cabo a construción da nova sede do sede Imelga, que mobilizará 4,8 M€ e reforzará a este organismo entre os referentes da investigación médico-científica legal en España.
Esta obra converterá á cidade nun referente en Galicia con instalacións modernas e axeitadas para o desenvolvemento das funcións médico forenses, o que significa un importante avance na mellora das instalacións sanitarias e dunha aposta do goberno galego por priorizar os investimentos en investigacións médico-científicas e legais.
No eido da Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a Xunta procederá á construción de vivenda de promoción publica en zonas como Lamas de Abade e o Castiñeiriño, entre outras, ao cal se destinan 7,4 M€, o que, resalta Verea “permitirá facilitar ao acceso a vivenda as familias con mais dificultades de acceder ao mercado libre”.
Por outra banda, explicou Verea, “a Xunta abrirá, en 2025, o primeiro centro de Coidados Intermedios Público de Galicia, que contará con 60 prazas de atención agrupadas en catro unidades de convivencia para un máximo de 15 persoas cada unha delas e se atenderán a persoas que reciben a alta hospitalaria, prestándolles a axuda e rehabilitación que necesiten para completar a súa recuperación antes de volver aos seus domicilios ou centros residenciais Este servizo funcionará a modo de ponte entre a atención sanitaria e social.
Así mesmo, o goberno galego destinará medio millón de euros no novo centro de crise 24 horas.
Entre outros investimentos para a capital de Galicia, destaca os162.000 € para o polígono da Sionlla; 700.000 para o xardín solar do Monte do Gozo; case 1 M€ a poñer en marcha a Oficina técnica de apoio á economía circular, que brindará asesoramento experto ás entidades locais para fomentar a xestión responsable e ecoeficiente dos residuos e alongar ao máximo a súa vida útil.
Ademais de dar un impulso á rede pública de centros e entidades de formación para o emprego en Santiago, con preto de tres millóns para o Centro de Novas Tecnoloxías e o CIFP Santiago; 1 M€ para mellorar a eficiencia enerxética do CGAC; e reforzarase o compromiso coa conservación e posta en valor da Catedral.
“Cun impacto especial na cidade, pero, en xeral, con repercusión para toda Galicia está o investimento para a finalización da obra do edificio do Centro de Protonterapia, ao que se destinarán preto de 10 millóns de euros. O propósito é poder atender os primeiros pacientes no ano 2026 , subliñou Verea. Así mesmo, tamén hai investimentos para ampliación do CHUS (10,8 M€) ou a reforma do Centro de Saúde de Conxo (4,3 M€), actualmente en curso e cuxa finalización está prevista en 2025.
Orzamentos
O Partido Popular de Santiago destaca que estamos a ante os orzamentos máis altos da historia, que ascenden a 13.954 M€, dos que a Santiago corresponderanlle máis de 570 millóns, unhas contas que medran un 2,6%, sen recorrer a novo endebedamento.
Así, o gasto social supera, por primeira vez, os 10.000 M€, o que representa o 74% do Orzamento, 5.434M€ para a sanidade pública; e realízase un esforzo na construción de vivenda pública; ademais de que o crecemento económico prevese que suba do 2,1%; acadándose máis emprego, co obxectivo de reducir a taxa media por debaixo do 9,1%; e recadaranse menos impostos, ao reducir o imposto de sucesións e outorgarse axudas fiscais para a vivenda.