ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

Verea denuncia a subida para as familias de Santiago dun 13% das tarifas do multiusos Fontes do Sar e Santa Isabel

 

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de enero de 2024 a las 14:00

Compartir

 

 

  • Estas subidas o que indican é que “estamos ante o orzamento dos tarifazos do BNG, PSOE e CA para pagar aínda non sabemos qué porque non temos a información”, lamentou Verea.
  • Estaría ben, sinalou, saber se o PSOE asinou un acordo de orzamentos só con esta documentación, porque de ser así, estaríamos a falar dunha “irresponsabilidade absoluta, volvendo a darlle ao goberno do BNG e CA outro cheque en branco” .

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, amosou hoxe a súa preocupación polos orzamentos do Concello de Santiago para 2024 ao non ter aínda información sobre os mesmos a pesar de ser anunciados, presentados e publicitados polo tripartito do BNG, PSOE e CA. “Estamos ante unha anomalía democrática que nos obriga a preguntarnos se teñen algo que ocultar”, manifestou Verea, e, engadiu, “cales son esas cuestións que non queren que coñezan os cidadáns de Santiago?”, ao tempo que pediu que lles deixen exercer os seus dereitos e defender os intereses de todos os composteláns.

Para o líder popular, a outra posibilidade, ante a falta total de transparencia por parte do tripartito BNG, PSOE e CA, pasaría porque en realidade non existan uns orzamentos, e o único que teñan é un powerpoint xenérico e cheo de vaguedades que presentaron aos medios.

O certo, sinalou Verea, é que “o único que nós recibimos o mesmo día que asinaron o acordo BNG, PSOE e CA, foi unha folla cun programa xenérico de gasto”, e, indiciu, “ond están os orzamentos de impostos? Onde está a memoria económica? Onde están as subvencións nominativas? Por que non fan pública toda a información?”. “E é que ten máis información o orzamento dunha comunidade de veciños que o que eles presentaron”, lamentou.

Por outra banda, destacou Verea, estaría ben saber se o PSOE asinou un acordo de orzamentos só con esta documentación, porque de ser así, estaríamos a falar dunha “irresponsabilidade absoluta, volvendo a darlle ao goberno do BNG e CA outro cheque en branco” .

O popular lamentou ademais que, a pesar da pouca información que teñen, o que xa se pode saber polo de agora é que “de orzamentos sociais nada, máis ben o contrario”, tendo en conta que a primeira medida do 2024, que entra hoxe en vigor, é a subida dun 13% das tarifas de Santa Isabel e Fontes do Sar. Así, acusou ao BNG de ter “pouca sensibilidade social e moita cara” para facer esa subida ás familias de Santiago sabendo o estado lamentable no que están as instalacións, e sabendo ademais que existen outro mecanismos para alivias esas subidas.

Ademais, todo apunta a que haberá unha subida xeral de taxas do 10% e de impostos do 5%, subidas que o que indican é que “estamos ante o orzamento dos tarifazos do BNG, PSOE e CA, para pagar aínda non sabemos qué porque non temos a información”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por todo isto, pediu de novo que se lles remita a información completa e “acaben así con esta anomalía democrática” para poder exercer “os nosos dereitos e defender os intereses dos composteláns, fiscalizando a documentación e facendo propostas”.

Etiquetas

compostelapazo de san lorenzopoliticapp
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo