Un coche atravesa a medianeira na AP-9 e deixa catro mozos evacuados ao CHUS
Catro persoas de entre 23 e 25 anos foron evacuadas en ambulancia logo da saída de vía dun turismo en Marantes, Santiago de Compostela.
Líder Redacción
25 de mayo de 2026 a las 12:50
Os feitos ocorreron no quilómetro 58 da AP-9, en sentido Santiago, e foron varios particulares os que alertaron ao 112 Galicia pasadas as 22:15 horas do domingo. Entre eles, unha das persoas afectadas explicou que lles patinara o coche e acabou atravesando a medianeira, quedando no sentido contrario.
Os catro ocupantes foron evacuados a un centro hospitalario por Urxencias Sanitarias de Galicia-061. No operativo tamén participaron a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Santiago e os operarios de conservación da autoestrada.