Un camión con mercadoría perigosa choca cun turismo na AP-9, preto da peaxe de Sigüeiro
Un aparatoso accidente obrigou esta mañá a mobilizar un amplo dispositivo de emerxencias na AP-9, no quilómetro 56 en dirección a Compostela, pouco despois da peaxe de Sigüeiro, á altura de Barciela.
Líder Redacción
26 de septiembre de 2025 a las 15:00
Un camión que transportaba mercadoría perigosa colidiu cun turismo, que acabou ardendo tras o impacto. A condutora do coche puido saír polos seus propios medios antes de que as lapas se propagasen. Foi o propio condutor do camión quen, axudándose dun extintor, conseguiu sufocar o lume de forma inmediata.
Segundo informou o 112 Galicia, a carga do vehículo pesado non se viu afectada en ningún momento. No operativo interviñeron os Bombeiros de Santiago, a Policía Local, servizos de mantemento da autoestrada e persoal sanitario do 061, que atendeu á condutora por feridas de carácter leve.



