Tanxugueiras, Mondra e Alba Reche lideran as Festas da Ascensión
A Ascensión 2026 enche Compostela de música, tradición e actividades para toda a veciñanza
Santiago de Compostela celebrará do 12 ao 17 de maio unha nova edición das Festas da Ascensión, unha das citas máis agardadas do calendario festivo da cidade. O programa deste ano combina grandes concertos, propostas tradicionais, teatro, deporte, actividades familiares e eventos populares repartidos por diferentes espazos de Compostela.