Servizo especial de bus este sábado polo Soloflow Freestyle no Multiusos do Sar
O transporte público de Santiago reforzará este sábado 15 de novembro os seus servizos con motivo da celebración do evento Soloflow Freestyle Santiago no multiusos Fontes do Sar. A liña C11 prolongará os seus percorridos para facilitar tanto o acceso como o regreso das persoas asistentes.
Líder Redacción
13 de noviembre de 2025 a las 16:50
Para acudir ao evento, a liña C11 desde Xeneral Pardiñas realizará prolongacións polo multiusos entre as 16:00 e as 17:45 horas, cunha frecuencia de paso de 15 minutos. As paradas máis céntricas para coller esta liña atópanse en Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, Ensinanza e Virxe da Cerca.
Para o regreso, a liña C11 desde o Camiño Francés tamén prolongará o seu traxecto polo multiusos nas viaxes cara ao centro da cidade, entre as 20:15 e as 22:15 horas, mantendo igualmente unha frecuencia de 15 minutos.
A información completa e actualizada pode consultarse na web de Tussa.