ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercioDestacado

Santiago(é)Tapas regresará en febreiro apostando polo produto de proximidade

Os locais de hostalaría que queiran participar no XVI concurso de tapas de Compostela poden anotarse ata o 8 de xaneiro na web santiagoetapas.

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de diciembre de 2024 a las 21:08

Compartir

A concelleira de Turismo, Miriam Louzao, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron esta mañá no Pazo de Raxoi a nova campaña de comunicación do Santiago(é)Tapas que se desenvolverá neste período de Nadal. Repartiranse máis de 60.000 manteis e carteis animando ao sector hostaleiro a participar neste concurso, que por segundo ano consecutivo, terá lugar en febreiro.

Poderán participar no certame que promove e organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña, todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas. Para facelo, dispoñen dun formulario online na páxina web santiagoetapas.gal, que estará aberto ata o mércores 8 de xaneiro (incluído).

A mecánica do concurso será a mesma que a doutros anos, establecéndose varias rutas e con premios ás mellores tapas, reforzándose nesta edición unha etapa e un galardón especial á máis doce, coa que se busca incentivar a participación de cafeterías e bares que traballan almorzos e merendas.

Colaboración co Mercado de Abastos

Neste XVI Santiago(é)Tapas, que se encadra dentro da marca Compostela Gastronómica, búscase consolidar a aposta polo produto autóctono de temporada e de proximidade. Por iso, este ano, refórzase a colaboración do Mercado de Abastos de Santiago.

Será alí onde se celebren do 13 ao 17 de xaneiro as probas nas que un xurado profesional valorará os petiscos candidatos a participar no concurso. Non serán aceptadas aquelas propostas que non respondan ao concepto de tapa; que non ofrezan, ao seu xuízo, unha calidade mínima; ou que non inclúan na súa elaboración, cando menos, un alimento galego de calidade contrastada, tales como produtos das distintas denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas, produtos de agricultura ecolóxica ou produtos do mar de Galicia certificados.

Premios maridaxe con cervexa e viño 

O XVI Santiago(é)Tapas, que se celebrará do 13 de febreiro ao 2 de marzo de 2025, volve a contar un ano máis como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá.

Ao abeiro deste patrocinio, establecéronse dous premios maridaxe. Estes galardóns consistirán en 500 euros en produto que recibirán os locais que, na opinión do xurado profesional, presenten as tapas que mellor combinen coa cervexa Estrella Galicia e o viño Ponte da Boga.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Neste Santiago(é)Tapas repetirán tamén como empresas e entidades colaboradoras, ademais do Mercado de Abastos; Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia) e Utimaq.

Etiquetas

compostelagastronomiasantiagosantiago e tapas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira
Actualidad

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

Andrés Torreiro (D’Obra, Melide), na loita polo mellor cociñeiro de Galicia
Actualidad

Andrés Torreiro (D’Obra, Melide), na loita polo mellor cociñeiro de Galicia