ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolíticaSociedadTurismo

Santiago pretende comezar a aplicar a taxa turística en 2025

04/07/2024 A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, xunto á concelleira de Turismo, Míriam Louzao, presentou hoxe o documento ‘O imposto sobre estadías turísticas para Santiago de Compostela’, un documento elaborado no marco do Plan de Sostibilidade Turística no que participaron os catedráticos de Dereito Financieiro e Tributario César García Novoa e o catedrático de Xeografía Rubén Lois. «A sociedade de Santiago quere a taxa turística, é un clamor social», afirmou a rexidora compostelana, quen ofreceu ao presidenta da Xunta, Alfonso Rueda, reunirse as veces necesarias para abordar esta cuestión, xunto con outras como a financiación da capitalidade.

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de julio de 2024 a las 19:34

Compartir

O documento presentado hoxe aborda, por unha banda, os datos turísticos que xustifican a implantación da chamada taxa turística. Neste sentido, o profesor Rubén Lois advertiu do «fortísimo» crecemento do turismo nos últimos anos e, especialmente, sinalou a «internacionalización». Sobre esta cuestión, engadiu que, precisamente, os turistas que proveñen doutros países están habituados á existencia dunha taxa ou imposto destas características.

Pola súa banda, César García Novoa explicou a proposta lexislativa que acompaña este documento para incidir en que o réxime xurídico constitucional do Estado fai necesario que a implantación de esta ‘taxa’ sexa un imposto propio da Comunidade Autónoma que tña a condición de «tributo cedido» aos concellos, tal e como formula a proposta lexislativa. En todo caso, remarcar que o recadaría, en dous periodos fiscais por parte do concello que teña cedido o tributo.

Nela, inclúense varios tramos no tipo de gravame, que van de 1 euro por unidade de estadía par hostais, pensión, pousadas, bloques e conxuntos de apartamentos turísticos estándar e no resto de hoteis rurais e cámpings ata os 2,5 euros para hoteis hoteis apartamentos, hoteis balneraios e hoteis talaso de 5 estrelas, gran luxo e catro estrellas superior.
O resto de tramos oscilan entre os 1,5 euros e os 2 euros, de forma progresiva en función do tipo de establecemento. O tempo máximo, computaranse un máximo de seis unidades de estadía por persoa, tal e como recolle o texto.

Esta proposta de Proxecto de Lei formula que os ingresos derivados do imposto sobre estadías turísticas corresponderían nun 95% aos concellos que o apliquen e nun 5% ao Fondo para a Promoción do Turismo de Galicia.

Outra das novidades que inclúe a proposta que se lle fixo chegar á Xunta e ao Estado con antelación a esta presentación pública radica na gobernanza do tributo, tal e como explicou a concelleira Míriam Louzao. A xestora das competencias turísticas indicou que se pón o foco en tres foros de participación, recollendo as propostas e facendo do imposto (que deberá ser recollido nunha ordenanza municipal unha vez cedido ao Concello) un tributo transparente.

«A idea é impulsar un modelo de gobernanza do imposto innovador, baseado na participación e na transparencia, a través de tres grandes foros. O informe recolle incluso unha proposta de composición deste foros, atendendo á diversidade interna de cada sector, a partir da proposta de composición do Consello Municipal de Turismo e Cidade», expresou Míriam Louzao.

O catedrático César García Novoa indicou, asemade, que a principal diferenza co proxecto que se enviou anteriormente ten que ver coa cesión aos concellos. O imposto, ademais, recolle diferentes exencións, como son os menores de 18 anos, adultos acompañantes de menores excursionistas ou persoas con máis dun 66% de discapacidade.

Insta a facer posible a taxa en 2025

Na súa intervención, Goretti Sanmartín lembrou que o imposto de estadía xa podería estar funcionado este ano de ter aceptado a proposta que se lle enviou o ano pasado ao presidente da Xunta. Ademais, lembrou que o pasado 2 de outubro de 2023, tras a reunión bilateral entre ela mesma e o presidente da Xunta, o propio Rueda abriuse estudar a taxa turística para Compostela.

«Cando xa estamos na fase final e ter unha entrevista directa, institucional onde se lle poida explicar todo esto e falar, de forma colaborativa, se nos diga que non e que podemos falar máis adiante. Ás veces, o que parece, é que se queren dilatar os tempos», lamentou a rexidora da capital galega, quen lembrou que outra das cuestión que lle preocupan é que non se convocou o Consello da Capitalidade pese a estar en xullo.

«Nós o que pedimos é clareza. O que está claro é que a sociedade de Santiago de Compostela quere a taxa turística. É evidente que esto é un clamor e que o quere non a xente que pertence ao grupo do goberno, senón todo o mundo na cidade, insisto, a inmensa maioría da xente. Entonces, o que pedimos é que se nos diga con clareza si ou non», enfatizou a alcaldesa de Santiago.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Así as cousas, Goretti Sanmartín lembrou que esta proposta lexislativa pode ser levada ao Parlamento por parte da Xunta usando distintas fórmulas de tramitación e cunha tramitación rápida se hai vontade. Neste sentido, expresou o seu desexo de poder aplicala en 2025.

Etiquetas

politicaradio lider santiagotaxa turisticaturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo