ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Santiago multa á concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar por «incumprimentos graves»

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de diciembre de 2023 a las 19:14

Compartir
  • A Xunta de Goberno acordou hoxe impoñerlle unha sanción de 20.000 euros á empresa Servisar, concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar, por incumprimento moi grave na execución do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023.- A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, explicou que se teñen constatadas “situacións que non son tolerables nun servizo tan sensible, que afectan de maneira directa ás persoas usuarias, que son maiores e ou en situación de dependencia, e que ademais son reiteradas”. A penalidade farase efectiva mediante deducción no próximo pago que o Concello teña que efectuarlle á adxudicataria, e súmase á sanción de 6.000 euros que se fixera efectiva no pasado mes de agosto.

Atrasos inasumibles nas altas no servizo

María Rozas explicou que a empresa Servisar “mantén atrasos inasumibles nas altas no servizo, con expedientes que se atrasaron ata catro meses”. A concelleira lembrou que a empresa comprometérase, como mellora na súa oferta, a dar as altas ordinarias no SAF nun prazo de 4 días, pero o tempo medio de espera situouse en 22,54 días, con demoras de ata 125 días. No mes de setembro, cando se iniciou o expediente sancionador, na lista de pendentes de alta figuraban 23 persoas.

Da mesma maneira, a empresa está incumprindo a súa proposta no que ten que ver cos prazos para as modificacións dos servizos ás persoas usuarias, relacionadas con franxas horarias, intensidade ou cambio de tarefas. Fronte ao seu compromiso de xestionar eses cambios en 24 horas, rexistráronse tempos de demora de ata 8 meses. Deste xeito, apuntou María Rozas, “a empresa non está a respectar a oferta pola que resultou adxudicataria do contrato, pero tampouco os propios pregos nuin a normativa legal que regula o SAF, e isto aféctalle a persoas que ven actualizado o seu grao de dependencia e que non reciben en tempo a atención acaída”. A concelleira apuntou, ademais, que estes incumprimentos aféctanlle á execución do servizo, “xa que o Concello ten horas dispoñibles do SAF, dispón do orzamento necesario, pero mantén persoas en lista de agarda porque a concesionaria non resolve en tempo e forma”

Falta de informes e ausencias non xustificadas

A sanción aprobada hoxe responde a outros incumprimentos por parte de Servisar, como a non realización da totalidade dos informes de seguimento e supervisión do servizo no domicilio das persoas usuarias coa periodicidade mínima de dous meses requirida. Tal e como explicou María Rozas, “no primeiro bimestre de 2023 só se realizaran informes de 52 das 522 persoas usuarias, e esa tendencia foi empeorando ao longo do ano”. A maiores, a empresa continúa sen incorporar a sinatura dixital nos seus informes técnicos, malia a obriga de relacionarse electrónicamente coas administracións públicas.

Tamén se detectaron múltiples servizos non prestados por erros da empresa e ausencias non xustificadas do persoal auxiliar, “un incumprimento especialmente grave porque supón deixar a persoas maiores ou en situación de dependencia sen atención social nin para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria”. En concreto, contabilizáronse 117 ausencias inxustificadas. No informe elaborado polo departamento de Servizos Sociais recóllense outros incumprimentos por parte da empresa como a non prestación dos servizos complementarios na intensidade máxima prevista, especialmente no de fisioterapia. Tamén están sen executar outras cuestións incluídas no contrato como o servizo de lavandería, as clases de reforzo, os programas piloto de estimulación cognitiva ou de telemonitorización, ou o estudo sobre a realidade das persoas coidadoras no domicilio, que debera terse realizado no primeiro ano do servizo que se cumpriu en maio de 2022.

Situación do persoal

No que ten que ver coas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, o informe do departamento de Servizos Sociais tamén incide en que o prego polo que se rexiu a adxudicación sinala que a empresa empresa concesionaria debe realizar o incremento de personal necesario para a correcta execución do servizo. Pola contra, Servisar impulsou unha modificación colectiva das condicións de traballo que se traduciu na redución da xornada para 80 traballadoras, “unha decisión difícil de entender cando a empresa alega falta de persoal para explicar os atrasos nas altas e outras actuacións pendentes do contrato”. María Rozas aproveitou para reiterar o apoio do Goberno ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, nun conflito que está xudicializado, cunha sentenza favorable ao persoal ainda que está pendente de resolución o recurso presentado pola empresa.

Incumprimentos reiterados

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

María Rozas explicou que as alegacións presentadas pola empresa ao informe do departamento municipal de Servizos Sociais foron desestimadas, e salientou que os incumprimentos denunciados foron despois constatados nunha inspección do servizo realizada pola Xunta de Galicia en outubro. A tenenta de alcaldesa recordou, ademais, que “a traxectoria de Servisar á fronte do SAF é máis que cuestionable, e de feito xa foi obxecto doutra sanción de 6.000 euros aprobada en abril e que se fixo efectiva no mes de agosto”. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais reiterou que “o Goberno non está disposto a deixar pasar ningún incumprimento por parte da empresa, porque falamos dun servizo moi sensible, nun municipio no que temos moita poboación maior que vive soa, que é para nós máxima prioridade”. Nesta liña, Rozas sinalou que “desde o Concello estamos vixiantes, tanto no que tén que ver coa atención ás persoas usuarias como no que lle afecta ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar, na súa maioría mulleres que levan anos soportando situacións precarias”.

Etiquetas

sancionsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago
Sucesos

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago