Santiago contrata obras en cinco parroquias do rural por máis de 975.000 euros
13/05/2024 O executivo municipal deu luz verde esta mañá a cinco expedientes para levar a cabo diversas actuacións de pavimentación e mellora de instalacións en varias parroquias do rural compostelán por un importe total de 975.873,24 euros, ao abeiro do Plan Único de Concellos POS+ da Deputación da Coruña. En concreto, o Concello realizará obras de pavimentación no lugar de Vilamaior (Sabugueira), no núcleo interior do lugar de Pedrido (Villestro) e nos lugares de Bar de Arriba e Bar de Abaixo e Rúa dos Asidros, así como para un proxecto para a mellora e acondicionamento do centro sociocultural de Villestro, e outro para a ampliación da rede de saneamento na Rúa do Coto dos Olmos, na parroquia de Bando. A voceira do Goberno municipal, Míriam Louzao, deu contra deste e doutros asuntos tratados na Xunta de Goberno en rolda de prensa.