ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Santiago anima á adopción de animais da man dos Orzamentos Participativos

A concelleira María Rozas presentou hoxe a campaña, acompañada polo edil de Sostibilidade Ambiental e Dereitos dos Animais, Xesús Domínguez. A responsable de Xuventude explicou que no proceso dos Orzamentos Participativos de 2024, dúas das dez propostas máis votadas polos mozos e mozas foron unha feira de adopción de animais e un programa de difusión do voluntariado do coidado e atención aos animais. A concelleira apuntou que “o que fixemos foi intentar fusionar ambas propostas, e o resultado é unha campaña na que os protagonistas son os animais do Refuxio de Bando e as súas historias, con marabillosas fotografías asinadas por Miguel Muñiz”. As imaxes aparecen en cartelería e noutro material como marcapáxinas, que será difundido por diferentes espazos da cidade para chamar a atención sobre os animais que precisan dunha familia que os aopten.

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de noviembre de 2024 a las 20:07

Compartir

Ademais diso, os dous próximos sábados, 23 e 30 de novembro, instalarase unha carpa no paseo central da Alameda, en colaboración co Refuxio de Bando e coas entidades dedicadas á protección dos animais, “para que poidan divulgar o seu traballo e informar do que significa ser voluntarios e voluntarias no coidado dos animais”. A concelleira animou á veciñanza a participar, asistindo á chocolatada que está prevista en ambas xornadas para as seis da tarde”. Por último, e xa ao longo do mes de decembro, a Concellaría de Xuventude vai impulsar unha formación específica para os voluntarios e voluntarias que traballan cos animais.

O concelleiro de Sostibilidade Ambiental e Dereitos dos Animais salientou que “a proposta elixida nos Orzamentos Participativos demostra que hai sensibilidade social e unha demanda real para que se avance nos dereitos dos animais”. Xesús Domínguez animou á veciñanza a adoptar animais do Refuxio de Bando “sabendo da responsabilidade que supón ter un can ou un gato”, e lembrou que hai outras maneiras de colaborar “como ser voluntaria ou madriña”, e agradeceu o traballo que fan as entidades que traballan no coidado dos animais “coas que o Concello mantén unha estreita colaboración en cuestións como a atención e control das colonias dos gatos rueiros”.

Orzamentos Participativos

A actividade presentada hoxe era a última pendente de executar do proceso de Orzamentos Participativos de 2024, aos que se destino un orzamento de 100.000 euros. Con eses fondo, desenvolvéronse as dez propostas máis votadas polos mozos e mozas, como cine ao aire libre, o concerto de Fillas de Cassandra, o Urban Fest, o festival Aliaxe, o FolkXove  que se celebrará o sábado ou os cursos de primeiros auxilios para a Mocidade.

Etiquetas

adopcionanimaiscamapañacompostelasantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

Arzúa lanza unha campaña para fomentar a recollida dos excrementos dos animais
Comarca

Arzúa lanza unha campaña para fomentar a recollida dos excrementos dos animais

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica