ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadNoticia LíderSaludSociedad

Recomendacións do Colexio de Podólogos de Galicia para a volta ao calzado pechado

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de septiembre de 2025 a las 12:38

Compartir

Navor Pereira alerta en Radio Líder Santiago dos riscos de usar zapatos inadecuados tanto en adultos como en nenos, e lembra que “ter dor non é normal”

Co mes de setembro chega non só o regreso ás aulas, senón tamén a volta ao calzado pechado tras meses de sandalias e zapatos máis soltos. Ese cambio pode provocar molestias, especialmente nos adultos, cando os pés non atopan o espazo necesario. Así o advertiu Navor Pereira, membro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia, nunha entrevista realizada por Sara Garea en Radio Líder Santiago.

Pereira explicou que “o noso corpo avísanos cando precisa máis espazo”, e sinalou que moitos problemas aparecen porque os calzados de outono-inverno non respectan a amplitude que os pés gozaron durante o verán. No caso dos nenos, engadiu, é habitual o erro de sobreabrigar con botas altas e calcetíns grosos, o que favorece a suoración e as infeccións fúngicas.

Sobre a volta ao cole, o podólogo incidiu en que o calzado xoga un papel determinante na saúde infantil. “O calzado é o primeiro motivo polo que os máis pequenos e tamén os adultos solemos ter problemas”, apuntou, lembrando que uns zapatos axeitados poden evitar patoloxías que chegan a afectar nocellos, xeonllos, cadeiras ou costas.

Entre os consellos principais, recomendou non empregar herdanzas de calzado xa deformado, evitar mercar tallas grandes “para que duren todo o curso” e optar por marcas especializadas en zapato infantil. Tamén destacou a importancia de revisar sempre que exista espazo suficiente para os dedos e que o zapato conte con sistemas de suxeición axeitados.

Outro dos avisos foi sobre a necesidade de acudir a revisións podolóxicas no inicio do curso. Pereira explicou que se poden detectar alteracións da marcha ou patoloxías frecuentes tras o verán, como papilomas plantares adquiridos en piscinas. Lembrou tamén que “ter dor non é normal; case todo ten unha solución e sobre todo un diagnóstico”, polo que non se debe asumir a dor como algo habitual nin nos pés nin noutras articulacións.

En definitiva, o especialista subliñou que a saúde dos pés debe formar parte da prevención sanitaria tanto en nenos como en adultos, pois uns pés sans aseguran mobilidade, benestar e unha vida máis activa no día a día.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

Colexio Podólogos de GaliciaNavor Pereirapespiespodologíapodoloxíasaludsaude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Pintamos las uñas… y tapamos los hongos: los errores comunes en el cuidado de los pies
Destacado

Pintamos las uñas… y tapamos los hongos: los errores comunes en el cuidado de los pies