ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoNoticia Líder

Radio Líder emitirá este xoves en directo dende Xantar 2025

A 26ª edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, celebraráse en Expourense do 20 ao 23 de novembro de 2025, reunindo un ano máis destinos, produtores, cociñeiros e profesionais de todo o mundo arredor da gastronomía e do turismo sustentable.

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de noviembre de 2025 a las 14:52

Compartir

No marco desta cita de referencia, Radio Líder trasladará o seu estudo móbil ao recinto feiral para emitir un programa especial en directo o xoves 20 de novembro, de 11:00 a 14:00 horas. Durante tres horas de emisión, a radio achegará a atmosfera de Xantar aos oíntes con entrevistas, información de servizo e conexións cos principais espazos da feira.

A programación incluirá conversas con representantes institucionais, responsables de destinos turísticos presentes en Xantar, chefs participantes nos showcookings e expositores que se achegan a Expourense para presentar produtos, cociñas e propostas innovadoras. Ademais, o equipo de Radio Líder ofrecerá ao público datos útiles sobre horarios, actividades destacadas e recomendacións para aproveitar ao máximo a visita.

Xantar continúa consolidándose como a única feira internacional de turismo gastronómico acreditada da Península Ibérica, converténdose cada novembro nun punto de encontro estratéxico para profesionais e amantes da gastronomía. A emisión en directo de Radio Líder permitirá vivir desde dentro a primeira xornada desta nova edición, marcada polo sabor, o talento e a promoción dos territorios.

Etiquetas

galiciagastronomiaourenseprograma especialradio liderturismoxantar
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira
Actualidad

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”
Actualidad

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”