Preto de 550 persoas participaron na Festa dos Maiores de Brión
9 de setembro de 2024- Preto de 550 persoas participaron na Festa dos Maiores do Concello de Brión, celebrada esta fin de semana no polideportivo municipal de Brión. Un acto presidido polo alcalde, Pablo Lago Sanmartín, quen estivo acompañado pola concelleira de Maiores, Rosa Romero; Cultura, Sandy Cebral; e Medio Rural, José Antonio Vidal.