ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DeportesDestacado

Preto de 250 deportistas participan este sábado no Open Promesas Mireia Belmonte

29/11/2023.- A piscina de Santa Isabel acollerá este sábado 2 de decembro o ‘Open Promesas Mireia Belmonte by Hyundai’ no que participarán 246 nadadores e nadadoras de 18 clubs de Galicia e de fóra de Galicia. A competición presentouse esta mañá no Pazo de Raxoi da man da concelleira de Deportes, Pilar Luiero, e o presidente do Club de Natación Ciudad de Santiago, José Rioseco.

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de noviembre de 2023 a las 20:16

Compartir

O CDN Cidade de Santiago coa colaboración do Concello, organiza o vindeiro sábado 2 de decembro na piscina de Santa Isabel o ‘Open Promesas Mireia Belmonte by Hyundai’, unha competición a nivel nacional para promocionar a natación entre os máis novos e atopar ás futuras promesas. Esta competición está composta por 6 probas independentes celebradas en cidades cunha cultura de natación arraigada como son: Barcelona, Madrid, Sevilla, Castelló, Bilbao e Santiago de Compostela.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, mostrouse satisfeita de que Santiago se sitúe «ao nivel de cidades como Barcelona, Sevilla ou Madrid» e agradeceu o labor do «Club Natación Santiago que co seu traballo e dedicación fainos sentir orgullosos e orgullosas duns nadadores e nadadoras que veñen de acadar un gran resultado no Campionato de Europa Master» que «sitúan a natación compostelá nun moi bo nivel».

Esta competición está dirixida ás categorías Alevín e Infantil, e celebrarase en horario de mañá e tarde. Os alevíns comezarán a competición ás 10:00 e a entrega dos premios será sobre as 12:15 horas e, xa pola tarde, os infantís iniciarán ás 16:30 horas e entrega de premios será sobre as 18:45 horas.

En total participarán 246 nadadores de 18 clubs de Galicia, e fóra de Galicia. O CDN Cidade de Santiago estará representado por 22 nadadores, 11 alevíns e 11
infantís.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Co respaldo do Consello Superior de Deportes e da RFEN, os gañadores da competición terán varios premios, entre os que destaca o dereito a participar no Campus de Tecnificación Mireia Belmonte no CAR de San Cugat en Barcelona, os días 15, 16 e 17 de decembro, asesorados da campiona olímpica e Marca do Mundo española.

Etiquetas

deportesnatacionsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.