Neste senso, quixo salientar que o que reclaman son “cousas tan simples, lóxicas e fáciles de artellar como a mellora da iluminación na cidade e que se poñan a gravar as cámaras de seguridade que ten o Concello instaladas pola cidade”, e criticou a negativa rotunda do BNG a levar a cabo estas melloras, “é inevitable preguntarse porqué; os cidadáns pregúntanse porqué non poñen a funcionar todas as ferramentas das que dispón o Concello para loitar contra esta lacra que se incrementa día tras día”.
O incremento da delincuencia vencellada ao tráfico de drogas creceu exponencialmente nos últimos anos, un 500% desde 2019, e os roubos máis do 70%; e “o BNG non quere recoñecer esta situación e desvía o foco cara a nós, acusándonos de esaxerados, pero a realidade é que os nacionalistas se negan a adoptar medida algunha, néganse a dar seguridade aos veciños”, afirmou o popular.
Por iso, De la Fuente denunciou a situación de Galeras hai meses, “é de sobra coñecida a existencia de varios puntos de venta de drogas nesa zona, e denunciamos os problemas de convivencia creados, incluso na contorna do colexio Raíña Fabiola, e consecuentemente o incremento de delitos vencellados a ese problema, e o goberno local acusounos, coma sempre, de alarmistas”.
O concelleiro popular salientou tamén que “temos un déficit de máis de 100 axentes das Forzas e Corpos de Seguridade dos que nos corresponderían por poboación, sen ter en conta que Santiago é capital de Galicia e un destino turístico de primeiro orde mundial”. E lembrou que “levamos esiximos ao goberno nacionalista en varias ocasións que adoptara papel activo no imprescindible incremento de efectivos de policía local, para que reclamara do goberno central incremento de efectivos de Policía Nacional, e para que esixira elevación do rango da Comisaría de Santiago, que conlevaría dispoñer de inmediato de certos servizos policiais cos que hoxe non conta a cidade”.
Tras ano e medio de goberno do BNG, non houbo ningún cambio, ningunha iniciativa pola súa parte para mellorar a seguridade en Santiago, “a pesar da situación da cidade e da urxencia en tomar medidas, o goberno local non fixo nada”, lamenta de la Fuente.