PP e Non Adscritas reclaman ao goberno municipal a condena do “acoso” á sede popular
O Partido Popular de Santiago e as concelleiras non adscritas presentarán hoxe unha moción urxente na que se insta ao goberno municipal de BNG e CA a condenar, no Pleno ordinario de mañá xoves, as accións protagonizadas polas persoas concentradas diante da sede popular, tras a convocatoria realizada e difundida polo sindicato vinculado ao BNG. A iniciativa chega despois de que os populares propuxeran ao conxunto dos grupos da Corporación sumarse a esta declaración, sendo as concelleiras non adscritas as únicas que, polo de agora, aceptaron adherirse.