Porto do Son pasa a chamarse O Porto do Son, e outros cambios da toponimia galega
O Consello da Xunta aprobou este luns a actualización do Nomenclátor de Galicia, unha revisión profunda da toponimia oficial que supón a modificación de 2.530 denominacións tras analizar un total de 4.398 topónimos en todo o territorio galego.