ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaTurismo

Padrón reforza a súa presenza en FITUR como destino turístico de referencia en Galicia

• O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo, Chus Campos, encabezarán a delegación padronesa na Feira que se celebra en Madrid a partir deste mércores
• O goberno local presentará novas iniciativas para consolidar o municipio como un dos principais destinos turísticos de Galicia

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de enero de 2025 a las 14:37

Compartir

Padrón. 20-1-2025.- O Concello de Padrón terá unha destacada participación en FITUR 2025, a Feira Internacional de Turismo que se celebrará do mércores 22 ao domingo 26 de xaneiro en IFEMA Madrid. A delegación estará encabezada polo alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo, Chus Campos, quen presentarán novas iniciativas para consolidar o municipio como un dos principais destinos turísticos de Galicia.

Entre os obxectivos da presenza padronesa destacan afianzar os bos resultados acadados o pasado ano e seguir posicionando o concello como referente en tradición, gastronomía e cultura, fomentando ao mesmo tempo un turismo sostible e de calidade.

Padrón estará representado na entrada do pavillón, onde está instalado o stand de Galicia, cun tótem a catro caras que destacará os elementos máis significativos do municipio. Ademais, terá visibilidade no stand de Q de Calidade e S de Sostibilidade, certificacións obtidas pola Oficina de Información Turística en 2024 e que serán recollidas na gala organizada polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Un dos momentos destacados da feira será a presentación oficial de Padrón como Pobo Máxico, unha distinción obtida o pasado ano que converte ao municipio na primeira localidade da provincia da Coruña e a única de Galicia en lograr este recoñecemento nesta edición. Esta presentación terá lugar o xoves pola mañá e servirá para destacar o carácter singular e o patrimonio cultural da vila.

Padrón tamén será protagonista durante a presentación das Once Xornadas da Lamprea, que se celebrarán os dous últimos fins de semana de marzo. Estas xornadas gastronómicas incluirán numerosas actividades e contarán cunha ampla promoción en FITUR, incluíndo unha reportaxe na revista especializada A Alacena Roja, que se distribuirá durante os días da feira.

Os milleiros de visitantes previstos para FITUR poderán obter información sobre Padrón no mostrador dedicado ao Camiño de Santiago, reforzando o seu papel como punto clave desta ruta xacobea. Ademais, a delegación padronesa asistirá ás presentacións da Traslatio, a Vía Mariana e a nova campaña de Turismo da Deputación da Coruña.

Dentro das actividades programadas, o Concello tamén ten previstas reunións con especialistas do sector e medios especializados, co obxectivo de explorar novas oportunidades e manterse actualizado sobre as tendencias do turismo.

Con máis de 1.100 metros cadrados de espazo, 25 metros de pantallas LED e unha programación diversa, a participación de Padrón en FITUR 2025 subliña o compromiso do goberno local co desenvolvemento dun turismo sostible, de calidade e respectuoso co seu rico patrimonio natural e cultural. Esta estratexia compleméntase cos fitos acadados en 2024, entre os que destaca a culminación do plan de embelecemento da área recreativa da desembocadura dos ríos Sar e Ulla, financiado con fondos NextGenerationEU. Ademais, o Concello segue a traballar en proxectos clave como a nova Oficina de Turismo na Praza de Abastos, a renovación do casco antigo e a construción de novos hoteis que reforzarán a capacidade de acollida do municipio.

Balance estadístico do Turismo en Padrón

A presenza de Padrón en Fitur coincide coa presentación do últimos datos turísticos de Padrón, unhas cifras que confirman o seu papel protagonista no panorama galego, con máis de 44.000 visitantes atendidos pola Oficina de Turismo ao longo do 2024. Este aumento sitúa o municipio nunha senda de crecemento sostido, impulsado polo Camiño de Santiago e unha oferta cultural, gastronómica e natural cada vez máis diversa.

O turismo internacional foi unha das grandes apostas deste ano, alcanzando o 29% do total de visitantes, cun incremento do 3% respecto ao 2023. Visitantes de países como Portugal, Estados Unidos e Italia lideran unha lista que reflicte a crecente proxección global de Padrón.

A tradición xacobea segue a ser o gran atractivo turístico do municipio. O 45% das visitas rexistradas foron de peregrinos, aos que se lles expediron 16.068 diplomas da Pedronía e 312 diplomas da Traslatio, que certifican a súa conexión co Camiño de Santiago. Estes datos confirman o impacto das iniciativas locais que destacan a relevancia histórica e espiritual de Padrón como «berce do Camiño».

Os meses de verán volveron a concentrar o maior volume de visitantes, con agosto como o mes estrela, acumulando case o 20% das visitas anuais. Pola contra, aínda que o inverno segue sendo unha época de baixa afluencia, rexistrouse unha mellora respecto a anos anteriores, o que evidencia o potencial de atracción en tempada baixa.

En 2024, máis de 2.200 persoas participaron en visitas guiadas ao casco histórico, ao Xardín Botánico Artístico e en actividades teatralizadas. Ademais, a igrexa parroquial de Santiago, onde se garda o emblemático Pedrón, recibiu preto de 80.000 persoas, consolidándose como un dos principais puntos de interese turístico.

O impacto dixital tamén foi relevante. O perfil de Facebook de Turismo de Padrón continúa liderando a comunicación en redes sociais, con máis de 9.200 seguidores, mentres que Instagram superou os 3.100, consolidándose como unha plataforma clave para a promoción do destino. Complementariamente, entregáronse máis de 15.000 planos turísticos a establecementos locais, reforzando a atención directa aos visitantes.

De cara ao futuro, Padrón enfoca os seus esforzos en aumentar as pernoctas, mellorar os servizos para autocaravanas e diversificar a oferta turística con propostas que integren o turismo familiar e de natureza. Estes obxectivos buscan non só atraer máis visitantes, senón tamén consolidar un turismo sostible que dinamice a economía local e preserve a identidade cultural da vila.

Os datos de 2024 evidencian que Padrón non só é unha parada imprescindible no Camiño, senón tamén un destino que conxuga historia, natureza e innovación turística para ofrecer experiencias únicas a visitantes de todo o mundo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

Fiturfitur 2025padronturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón