ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Padrón festexa o Mes do Libro con obradoiros e contacontos

 

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de abril de 2025 a las 19:04

Biblioteca Municipal de Padrón

Compartir

Desbotar os mitos asociados á alimentación e a banda deseñada centrarán os talleres

As actividades son gratuítas e precisan inscrición previa

A Biblioteca acolle todo o mes unha exposición de viñetas de Castelao para lembrar o 75 aniversario do seu pasamento

Padrón. 2-4-2025.- O Concello de Padrón inclúe obradoiros, un contacontos e unha solta de libros na súa programación de Abril, Mes do Libro. Ademais, durante todo abril poderase ver na biblioteca unha mostra de viñetas de Castelao.

As actividades destinadas a conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, iniciaranse o mércores 9 co obradoiro Alimentos baixo a lupa, a ciencia que nutre!, unha proposta para familias realizada por Arenaria Coordinación e na que, ao longo de 90 minutos, as persoas participantes terán a oportunidade de adquirir coñecementos en nutrición e desenvolver un espíritu crítico ante moitos mitos asociados á comida. Algúns dos temas que se abordarán, baixo unha óptica científica, serán as graxas, os hidratos, os alimentos light, a lactosa ou o gluten. O obradoiro comezará ás 17.00 horas.

A programación continuará desenvolvéndose o venres 11 de abril cunha solta de libros. En colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado, deixaranse exemplares en distintos lugares do municipio para que a veciñanza poida levar gratuitamente aqueles que máis lle presten. Os libros son unha escolma de fondos da biblioteca e da Oficina Municipal de Voluntariado.

O martes 15 de abril haberá un novo obradoiro, que nesta ocasión terá como temática a banda deseñada. O debuxante e guionista Xosé Tomás encargarase de desenvolver unha sesión teórico-práctica na que as persoas asistentes, maiores de 12 anos, aprenderán diversos trucos da banda deseñada. A cita está fixada para as 17.00 horas.

Contos con xeito é o título do contacontos que Bea Campos levará a cabo o mércores 23, tamén a partir das 17.00 horas. Destinado a público infantil a partir de 3 anos, consistirá na narración de historias tradicionais aderezadas cun chisco de medo e moito humor para espertar o riso.

Os obradoiros e o contacontos, todos eles gratuítos, precisan inscrición previa. Realizarase presencialmente na Biblioteca Municipal de Padrón ou por teléfono nos números 981 810 761 e 645 846 479.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello de Padrón anima a toda a veciñanza a achegarse neste mes á Biblioteca para coñecer o seu amplo catálogo de lecturas. Ademais, ao longo de abril poderá desfrutar dunha mostra das viñetas satíricas de Castelao, iniciativa coa que se quere homenaxear o escritor e político rianxeiro cando se fan 75 anos do seu pasamento.

Etiquetas

abrilculturames do libropadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos