ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Padrón: Clausura do Obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2023

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de noviembre de 2024 a las 19:58

Compartir
  • O alcalde de Padrón participou esta mañá no acto de clausura xunto ao alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o xefe do Servizo de Emprego do Departamento Territorial da Coruña
  • Un total de 20 alumnos e alumnas formáronse en áreas de urbanización e xardinería
  • O rexedor padronés destacou a pegada positiva que deixa no municipio coa intervención en Fondo de Vila, moi aplaudida entre os comerciantes

Padrón. 21-11-2024.- O Obradoiro Dual de Emprego Comarca do Sar 2023, promovido polos Concello de Padrón, Rois e Dodro, clausurouse hoxe no auditorio municipal de Padrón nun acto no que participaron o alcalde de Padrón, Anxo Arca, o alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o xefe do Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social do Departamento Territorial da Coruña, Alberto Linares Fernández.

Este programa mixto de formación e emprego, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, tivo como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas da comarca a través da formación en operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

Entre as principais intervencións do obradoiro destacan as actuacións en Fondo de Vila, en Padrón, un traballo laborioso que incluíu a súa pavimentación e a mellora do entorno. O proxecto requiriu tempo e esforzo, pero o seu resultado foi amplamente eloxiado, especialmente polos comerciantes da zona.

O programa tivo unha duración de 12 meses e contou coa participación de 20 alumnos e alumnas traballadores, dos cales dez eran de Padrón, cunha ampla representación feminina. Durante este período, o alumnado combinou formación teórica con traballo práctico, vinculados ao obradoiro a través dun contrato de formación en alternancia, que lles permitiu recibir un salario correspondente ao Salario Mínimo Interprofesional (1.080 euros mensuais).

Este obradoiro deu prioridade a persoas con especial dificultade para acceder ao mercado laboral, como emigrantes retornados, mulleres, vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, entre outros. Os participantes valoraron moi positivamente esta oportunidade.

No acto de clausura, o alcalde de Padrón, Anxo Arca, destacou que o obradoiro “non só abre portas ao futuro laboral dos participantes, senón que tamén deixa unha pegada positiva no municipio a través das actuacións realizadas”. Tamén aproveitou para agradecer o compromiso do alumnado e transmitir unha mensaxe de apoio a Manel Alcalde Nine, xefe de xardineiros, desexándolle unha pronta recuperación.

Os propios participantes tamén tiveron un papel protagonista na clausura, destacando a importancia desta experiencia para a súa formación e empregabilidade. Unha das alumnas  comentou que este obradoiro non só lles deu ferramentas prácticas, senón tamén confianza para acceder a novos postos de traballo. Outro alumno destacou a importancia de obter un certificado de profesionalidade, que nos abre portas para atopar un emprego.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Este obradoiro reafirma o compromiso do Concellos de Padrón coa inclusión laboral e a formación profesional, sentando as bases para un futuro laboral máis esperanzador para as persoas en situación de desemprego.

Etiquetas

empregopadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’