ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Padrón cederá a titularidade do centro de saúde á Xunta para que asuma as reformas de 1,2M€

Anxo Arca acusa á Consellería de Sanidade de «discriminar» a Padrón e de querer que os veciños «pagen dúas veces» por un servizo público competencia autonómica

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de julio de 2025 a las 21:41

Compartir

O Concello de Padrón anunciou hoxe que someterá a pleno a proposta de traspaso da titularidade do centro de saúde á Xunta de Galicia, co obxectivo de que a Consellería de Sanidade asuma a totalidade dos custos de reforma, valorados en 1.185.000 euros. A decisión chega como resposta á carta do conselleiro Antonio Gómez Caamaño, na que a Xunta alegaba a titularidade municipal para limitar a súa financiación a 258.000 €, mentres o Concello carga actualmente co 75% dos gastos de mantemento (77.000 € anuais) dunha competencia que non lle corresponde.

O alcalde, Anxo Arca, denunciou a «inxustiza flagrante» de que a administración local, sen competencias en sanidade, teña que asumir os gastos de persoal auxiliar, limpeza ou enerxía, cando a Xunta só contribúe con 35.000 € anuais. Ademais, criticou a «irresponsabilidade histórica» dos anteriores gobernos do PP, que deixaron un legado de «falta de mantemento» e unha infraestrutura deteriorada que «prexudica a atención sanitaria» dos veciños.

Claves do conflito:

  • Desigualdade financeira: O Concello gasta 77.000 €/ano en custos impropios (limpeza, persoal, ascensor), mentres a Xunta só aporta 35.000 €.

  • Reforma insuficiente: A proposta da Consellería (258.000 €) é un «parche» fronte aos 1.185.000 € que require o informe técnico municipal.

  • Crítica política: Arca sinala que a Xunta «discrimina a Padrón» e obriga aos veciños a «pagar dúas veces» (vía impostos autonómicos e municipais) por un servizo público.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Goberno municipal avanzará co trámite de cesión da titularidade, pressionando para que a Xunta asuma as obras «o máis axiña posible» e garantindo que os padroneses teñan, «dunha vez por todas«, un centro de saúde en condicións dignas.

Etiquetas

centro de saudeobraspadronpoliticasanidadexunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo