ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Padrón acolle a primeira edición da Mostra de Cinema Galego FOCO

 

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de octubre de 2025 a las 22:10

Javier Figueroa (1º esquerda), do Grupo Cortizo; Fernando Rodríguez (3º esquerda), do grupo Foco; Anxo Arca, alcalde de Padrón e Xosé Gacía Lapido, da Fundación Rosalía

Compartir
  • Entre o 17 e 19 de outubro proxectarase o biopic de Castelao ‘Antes de Nós’ e os documentais ‘A poeta analfabeta’, sobre a figura de Luz Fandiño, e ‘A loita final’, que analiza as consecuencias do proxecto industrial de Altri
  • A actriz Mabel Rivera recibirá o I Foco de Honra pola súa traxectoria profesional
  • As proxeccións serán no auditorio do Parque Tecnolóxico Cortizo, na Casa Rosalía e no auditorio de Padrón
  • O ‘Cine máis pequeno do mundo’, os coloquios e o concerto de O’Leo de Matamá completan a programación
  • Todas as actividades son de acceso libre ata completar aforo

Padrón. 13-10-2025. O Concello de Padrón presentou hoxe na alcaldía a primeira edición da Mostra de Cinema Galego FOCO, que se desenvolverá os días 17, 18 e 19 de outubro en diferentes espazos da vila. No acto participaron o alcalde de Padrón, Anxo Arca, xunto a Javier Figueroa, director de marketing da Corporación Cortizo, Xosé García Lapido, da Fundación Rosalía de Castro, e Fernando Rodríguez, do colectivo FOCO.

A Mostra FOCO nace co obxectivo de crear un espazo estable de encontro arredor do cinema galego. O programa combina proxeccións con actividades de carácter divulgativo, propostas musicais e iniciativas dirixidas á participación da veciñanza de todas as idades. Esta primeira edición inclúe tamén un recoñecemento especial á actriz Mabel Rivera, gañadora do Premio Goya á mellor interpretación feminina de reparto pola película Mar adentro en 2004, que recibirá o I Foco de Honra a toda unha traxectoria dedicada ao audiovisual galego.

A programación arrancará o venres 17 de outubro no auditorio do Parque Tecnolóxico Cortizo, cun acto inaugural ás 19.00 horas. Proxectarase Antes de Nós, filme dirixido por Ángeles Huerta que aborda a figura de Castelao e a súa relación con Virxinia Pereira en dous momentos cruciais das súas vidas. A proxección irá acompañada dun coloquio co guionista Pepe Coira, un dos referentes da ficción galega contemporánea.

O sábado 18 de outubro a programación estenderase á rúa Real, onde pola mañá, entre as 11.00 e as 14.00 horas, terá lugar a actividade infantil A Caixiña de Mistos, considerada o cine máis pequeno do mundo. Trátase dunha caravana itinerante que ofrece curtametraxes para público familiar. Pola tarde, o Auditorio da Casa de Rosalía acollerá ás 18.15 horas a proxección de A poeta analfabeta, documental dirixido por Sonia Méndez sobre a poeta e activista Luz Fandiño. Despois terá lugar unha conversa coa produtora do filme, Nati Juncal. A xornada rematará cun concerto de O’Leo de Matamá ás 20.00 horas no mesmo espazo.

O domingo 19 de outubro a Mostra pecharase no Auditorio de Padrón, ás 18.00 horas, coa proxección do documental A loita final, dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, que analiza as consecuencias sociais e ambientais do proxecto industrial de ALTRI en Palas de Rei. Tras o pase, terá lugar unha charla co director do filme e a entrega do I Foco de Honra a Mabel Rivera, en recoñecemento á súa achega fundamental ao teatro, ao cinema e á televisión en Galicia, así como á súa traxectoria internacional.

Unha cita que quere consolidarse

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, destacou a importancia dos diferentes escenarios que acollerán a Mostra: » «Eramos conscientes de que en Padrón existían espazos que podían conferir dignidade a esta iniciativa, polo que nos puxemos en contacto con aqueles lugares que consideramos que podían resultar axeitados. Quero expresar o meu agradecemento á Corporación Cortizo e á Fundación Rosalía de Castro pola súa excelente disposición, xa que, como é ben sabido, contan con instalacións particularmente acaídas para este propósito».

Anxo Arca destacou a aposta pola participación de todos os públicos e subliñou que a Mostra ten vocación de continuar co obxectivo de que se consolide como unha cita importante dentro da ampla e variada oferta cultural padronesa.

Un comercio de cine

Ademais da programación cinematográfica, a Mostra FOCO compleméntase coa iniciativa Un comercio de cine, que se pode ver xa e ata o domingo 19 de outubro nos escaparates de diferentes establecementos da vila. A exposición reúne programas de man das antigas salas de cine de Santiago de Compostela, ofrecendo unha viaxe pola memoria cinematográfica da contorna.

Todas as actividades da Mostra FOCO son de acceso libre ata completar aforo, reforzando a vontade de achegar o cinema galego á veciñanza e aos visitantes que se acheguen a Padrón durante esa fin de semana.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

cinemaMostra de Cinema Galego FOCOpadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’