ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Outono Teatral volve ao Pino os domingos de novembro con tres obras e un concerto

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de octubre de 2025 a las 21:52

Compartir
  • O programa abrirase o 2 de novembro coa comedia ‘Go on!’
  • Seguiranlle a obra ‘Neura’ o 9 de novembro, a musica de Ialma o día 16 e o humor negro de ‘D.E.P’ o 30
  • Todos os espectáculos desenvolveranse no Centro Sociocultural Luis Seoane ás 18.30 horas con entrada libre

O Pino. 13-10-2025.- Durante o mes de novembro, o Concello de O Pino volve apostar polo teatro para adultos, coa intención de consolidar o Outono Teatral como un programa cultural estable que reafirme o seu compromiso coa cultura e co apoio ás compañías galegas. A iniciativa reunirá sobre o escenario do Centro Sociocultural Luis Seoane catro espectáculos que mesturan comedia, música e reflexión, ofrecéndolle ao público unha ampla variedade de propostas para as tardes de domingo.

Todos os espectáculos terán lugar ás 18.30 horas e o acceso será libre ata completar aforo.

O ciclo abrirase o domingo 2 de novembro coa compañía Malasombra Producións e a súa divertida comedia Go on!, unha peculiar historia que arrinca coa chegada do home á Lúa e culmina coa súa expedición máis ambiciosa: a conquista de Galicia. No ano 2010 _“ano 25 despois de Gayoso”— dous intrépidos exploradores deciden penetrarse nas terras galegas a través do roteiro xacobeo, vivindo situacións tan delirantes como entrevistas a porcos no corredor da morte ou ataques do temible can de palleiro. Go on! é unha emocionante aventura e ao mesmo tempo unha sátira do turismo, a cultura galega e a resistencia humana fronte ao descoñecido.

O domingo 9 de novembro será a quenda da compañía Deste Xeito Producións, que presentará a obra Neura, unha comedia que di non ser romántica… pero fala do amor e das súas consecuencias. Os protagonistas, Edu e Sonia, son dous ex que, por azar, volven atoparse despois dunha historia de amor e desamor marcada polas súas pequenas obsesións. A través de encontros cheos de ironía e tenrura, Neura convida a reflexionar sobre esas relacións que deixan pegada e que, por moito tempo que pase, seguen poñendo a proba a nosa cordura.

O domingo 16 de novembro, o teatro daralle paso á música co concerto de Ialma, un grupo de pandeireteiras formado por fillas e netas de galegas na diáspora. Estas catro cantareiras levan máis de vinte anos espallando a música tradicional galega por todo o mundo, cunha enerxía e paixón que conquistan o público. A súa proposta Camiño de Bruxelas a Santiago é un percorrido emocional pola historia da emigración, a identidade e a loita cultural, un canto á diversidade e ás raíces que nunca se perden.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, o domingo 30 de novembro, Malasombra Producións regresará ao escenario do Centro Sociocultural Luis Seoane coa súa obra D.E.P., unha comedia negra que mestura humor e emocións intensas. A trama xira arredor dunha nai maior, unha familia chea de conflitos, unha casa que hai que vender e unha noite interminable na que saen á luz segredos, rancores e confesións inesperadas. Cun ton ácido e entrañable, D.E.P. fala da familia, da morte e da vida con esa retranca tan característica do teatro galego contemporáneo.

Etiquetas

o pinooutono teatral
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago