ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoNoticia LíderPolítica

Os veciños de Ames poderán reducir ata un 40% na factura da luz coas comunidades enerxéticas

O Concello de Ames continúa apostando pola innovación e o desenvolvemento tanto sostible como económico, ao tempo que refuerza a súa oferta cultural para todas as idades. Nunha entrevista en Radio Líder Santiago, o alcalde Blas García, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente Javier Antelo, detallou os avances en varios proxectos clave: a creación da Oficina de Transformación Comunitaria (OTC), o novo polígono industrial en Bertamiráns e unha programación cultural que non esquece aos máis pequenos nin aos maiores. Ademais, anunciou en primicia a incorporación dun apartado específico para as noticias da oposición na web municipal, reafirmando o compromiso coa transparencia.

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de octubre de 2024 a las 21:57

Compartir

Oficina de Transformación Comunitaria: aforro e sostibilidade para os veciños

A Oficina de Transformación Comunitaria de Ames, pioneira na área de Compostela, ofrece aos veciños e empresas a posibilidade de aforrar entre un 20% e un 40% na factura eléctrica grazas ás comunidades enerxéticas. A iniciativa, financiada con fondos europeos, busca fomentar o autoconsumo a través da enerxía solar, permitindo aos cidadáns xestionar a súa propia enerxía de maneira sostible e reducida en custos.

Blas García explicou a importancia deste proxecto, destacando que «aforrar enerxía non só é bo para os petos dos veciños, senón que contribúe a reducir a pegada de carbono, facendo de Ames un referente en sostibilidade». Pola súa banda, Javier Antelo subliñou que xa existen instalacións en marcha, como a da potabilizadora de Lens, onde se están a utilizar paneis fotovoltaicos para subministrar enerxía á comunidade.

Blas García nos estudios de Radio Líder Santiago

O polígono empresarial de Bertamiráns: novas oportunidades económicas

Outro proxecto que avanza con forza é a creación dun polígono empresarial en Bertamiráns, pensado para atraer empresas tanto locais como de fóra. Segundo o alcalde, xa existen tres grandes empresas interesadas en instalarse, o que suporía a ocupación de máis de 100.000 metros cadrados. Esta iniciativa, situada nunha área estratéxica, busca dinamizar a economía local e xerar novos postos de traballo.

O alcalde destacou a importancia deste proxecto afirmando que «teremos o apoio da Xunta de Galicia para levar a cabo a urbanización e a xestión burocrática do polígono. Ames precisa infraestruturas deste tipo para seguir medrando e ofrecer emprego á súa xente». Este proxecto é clave para o futuro económico do concello e pretende ser un polo de atracción empresarial na comarca.

Programación cultural inclusiva: maxia para bebés e maiores

Na recta final da súa intervención, Blas García anunciou novidades no eido cultural que prometen sorprender e alegrar a veciñanza. O Concello de Ames porá en marcha un ciclo de maxia especialmente deseñado para bebés e persoas maiores. «O Festival de Maxia deste ano vai un paso máis aló: non só teremos galas internacionais, senón que tamén levaremos a maxia aos máis pequenos e aos maiores, porque a cultura é para todos», sinalou o alcalde.

Javier Antelo durante a entrevista 

Compromiso coa transparencia: novo apartado para a oposición na web municipal

Ademais das iniciativas en infraestruturas e cultura, Blas García aproveitou a ocasión para anunciar en primicia que o Concello de Ames xa habilitou na súa web un apartado específico para as noticias da oposición. Este espazo está pensado para garantir a pluralidade de voces e fomentar unha xestión transparente, sendo un paso adiante no compromiso coa transparencia que xa levou a Ames a ser recoñecido como o concello máis transparente de Galicia.

«O noso obxectivo é manter a cidadanía informada desde todas as perspectivas. Queremos que todos os veciños teñan acceso á información tanto da xestión do goberno como das propostas da oposición», subliñou García.

Con estas novas medidas, Ames segue consolidándose como un concello moderno, sostible e aberto ao diálogo. Entre aforro enerxético, novas oportunidades laborais e unha oferta cultural inclusiva, o futuro do municipio parece brillar con luz propia.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

alcaldeamesculturaempregoenerxiaEntrevistamedioambienteradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación