Os socialistas reúnense con Hostalaría Compostela para avaliar as inquedanzas do sector
Líder Redacción
10 de noviembre de 2023 a las 14:39
Líder Redacción
10 de noviembre de 2023 a las 14:39
Santiago de Compostela, 09 de novembro de 2023. Na procura dun “diálogo fluído co sector” reuníronse esta semana coa asociación Hostalaría Compostela o secretario xeral dos socialistas en Santiago, Aitor Bouza e o portavoz municipal, Gonzalo Muíños. Un encontro no que “fundamentalmente escoitar as preocupacións da hostalaría en todos os seus ámbitos de actuación” e co que “reafirmar o noso compromiso cun sector estratéxico na nosa cidade” asegurou Bouza.
Na reunión, á que asistiron a presidenta da asociación, Sara Santos e o seu xerente, tratáronse diferentes temas que preocupan á hostalaría da cidade “co propósito de intercambiar visións para buscar a mellor solución aos seus problemas”.
Tamén participaron na reunión a vicesecretaria xeral do partido, Marta Santullano e Jesús Peón, membro da executiva municipal e da propia asociación.
Recibe las noticias en tu correo.