Oito concellos quedan hoxe sen cobertura de bombeiros na comarca de Arzúa
Os Bombeiros de Arzúa lanzaron esta mañá un aviso urxente a través das súas redes sociais no que instan á veciñanza a extremar as precaucións ante a falta de servizo operativo durante a xornada de hoxe.
