ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O teatro encherá as fins de semana de novembro en Brión

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de noviembre de 2024 a las 18:08

Compartir
  • A programación cultural deste mes de novembro inclúe seis actuacións teatrais, un magosto e unha nova edición da “Andaina do terror”

7 de novembro de 2024.- Tres sesións de microteatro de Fauna 113, Teatro de Cámara DITEA e Porta Aberta Teatro, xunto á obra “Testosterona”, de Malasombra Produccións, abren esta fin de semana a programación cultural do Concello de Brión para este mes de novembro. Un programa totalmente gratuíto que inclúe oito actividades para as noites dos venres e sábados deste mes de novembro e que está composto por seis actuacións teatrais no centro social polivalente, un magosto e unha nova edición da “Andaina do terror”.

Esta programación arrincará mañá venres 8 de novembro, ás 20:30 horas, coa posta en escena de “Testosterona”, de Malasombra Produccións. Trátase dunha comedia dirixida a un público adulto dirixida por Xoque Carbajal e protagonizada por Camila Bossa e Luís Iglesia que fala da desigualade laboral nun medio de comunicación de ámbito nacional. Unha profunda reflexión sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo escrita pola autora mexicana Sabina Berman pero dende un punto de vista cómico.

E o sábado 9 de novembro, ás 20:00 horas, derradeira sesión de Fegateatro 2024, un ciclo de teatro afeccionado organizado polo Concello de Brión e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) que incluíu sete actuacións teatrais dende o pasado mes de abril. Para pechar o ciclo, sobre o escenario brionés estarán tres compañías poñendo en escena tres pezas de duración breve nunha sesión denominada “Microteatro”. Así, Fauna 113 porá en escena “SOS”, Teatro de Cámara Ditea presentará “As xoias de tía Ágata” e Porta Aberta Teatro pechará a sesión con “…e punto”.

Resto do mes

Para a próxima fin de semana están programadas outras dúas actuacións gratuítas no polivalente brionés: Talía Teatro, con “A parábola do Aganzo” (venres 15, ás 20:30 horas) e a actuación musical de Julia Vari e Carlos Arévalo co espectáculo “Boleros del alma” (sábado 16, ás 20:00 horas).

Finalmente, o ciclo de teatro profesional “Outono Cultural” de Brión completará o seu cartel de novembro con “Brokeback Sabucedo: paixón entre bestas”, de Sal do Teatro (venres 22, ás 20:30 horas) e “Cortello de amor”, de Amorodio Teatro (o domingo 30, ás 20:00 horas).

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A programación cultural completarase co tradicional magosto, que terá lugar o venres 29 de novembro, ás 20:00 horas, e que este ano desprazarase da Carballeira de Santa Minia ata a praza contigua. Finalmente, o sábado 23 de novembro terá lugar a segunda edición da “Andaina do Terror”, organizada pola asociación O Esquío no Piñeiro en colaboración co Concello de Brión, na que non só están xa cubertas as 600 prazas dispoñibles, senón que se fixo unha ampliación de 150 persoas máis que estaban anotadas en lista de agarda.

Etiquetas

brionnovembroteatro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.